venres, 5 de xullo de 2013

Suba de prezos na cafetaría de San Caetano e máquinas expendedoras

A sección sindical de persoal funcionario da CIG presentou diversas propostas de mellora do cal no prego de prescricións técnicas das que só atopamos recollido a ampliación de horario de comedor para conciliar coa nova realidade da flexibilización horaria (de 14:00 a 17:00h) ou o establecemento dun prezo reducido para o almorzo completo.
O resto de alegacións non foron atendidas (participación dos órganos de representación, valoración positiva nos pregos de utilización de produtos da nosa terra e/ou ecolóxicos, uso do bono por gasto mínimo e non só nos menús, establecer os ½ menús, control de prezos en función das variacións salariais aos empregados públicos, disposición de instalacións da cafetaría para xente que traía comida da casa...).
SUBA DE PREZOS
A pesar do que líamos este venres na edición dixital de Santiago da Voz de Galicia do barato que nos sae aos funcionarios tomar un café ou comer grazas a papá Xunta, na contrata publicada estes días no DOG atopamos unha suba da maioría de produtos superior ao IPC e que non ten en conta para nada a nosa perda de poder adquisitivo de entorno ao 20% destes últimos 3 anos. De feito, o prezo do café na cafetaría é do pouco que se mantería na lista de prezos máximos do prego, prezos ao que se soe axustar a oferta real definitiva.

Produto
Prezos prego actual (€)*
Prezos novo prego (€)*
MENÚ DO DÍA
6,75**
7,50**
½ Xamón Serrano
1,25
1,60
Croissant
0,80
0,95
Refrescos
0,95
1,25
Café c/ leite de máquina
0,45
0,55
*Estes son prezos por autoservizo/barra; o servizo en mesa tería un incremento de 0,25 € para o menú do día e de 0,05 € para o resto dos exemplos (salvo o último que é para máquina expendedora). **Non inclúe desconto de 1,20 € do bono de comedor
Cómpre recordarlle á Voz que o principio de prezos reducidos nas concesións en edificios públicos é o mesmo que opera nas universidades, hospitais, etc. onde se cobra un pequeno canón a cambio dunha explotación cun marxe empresarial tasado. Por outra banda, son moitas tamén as empresas ou organismos que ofrecen bonos desconto en restaurantes ou prezos reducidos no comedor de empresa para as súas traballadoras e traballadores.
Agardamos tamén que a avaricia empresarial non se cebe cos compañeiros e compañeiras que traballan na cafetaría e todo o persoal manteña os seus postos coa empresa que resulte beneficiaria da contrata, que para iso o canón é moito menor do que tería que pagar nun traspaso e/ou aluguer de calquera local de semellantes características pola zona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario