xoves, 6 de novembro de 2014

Promoción interna ou putada eterna?


Sorprendentemente, a finais de xullo mandou o director xeral da Función Pública os borradores das convocatorias da promo interna de corpos xerais. Como ben sabedes, estes borradores son infumables e xa non só polo fondo, que parecen máis unha convocatoria de acceso libre, senón polas formas.

E cales son as formas? Pois 5 anos sen convocar nada, 3 ofertas de emprego público acumuladas, e agora veñen cunha convocatoria completamente diferente á última.

E non só iso, despois das asembleas que fixemos en San Caetano e San Lázaro, de presentar unha chea de alegacións que nos achegáchedes, veñen cun segundo borrador practicamente igual que o primeiro. Falouse co resto de sindicatos e decidimos levantarnos en sinal de protesta pola falta de negociación.


Pero non quedamos quietos: seguimos recollendo sinaturas en Change.org, facendo cartaces de protesta e empapelando os centros, denuncíandoo no Boletín e chegamos a facer unha concentración a través dos órganos de representación en outubro no que demandábamos, entre outras, unha promoción interna real. E seguiremos insistindo coa vosa axuda... por moito que o eternicen, non o imos deixar descansar. Convoque, sr. director, convoque e achegue un borrador de promoción, non un borrador de putada.

Achegamos novo cartaz que podedes seguir pegando no voso posto de traballo para reclamar unha promoción interna de verdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario