luns, 15 de decembro de 2014

Acordos solidarios e na defensa da nosa dignidade na asemblea da Marea Azul

Despois da exposición dos ingresos e gastos que podedes atopar na seguinte ligazón, comentáronse as distintas propostas. 

Coménzase falando de que incialmente se acordara recoller cartos para facer unha campaña na defensa da nosa dignidade como empregados e empregadas públicas e de poñer cuñas na radio ou anuncios nos períodicos. 

Como o beneficio neto non da para tando, valorouse en sufragar os gastos da impresión dos cartaces da exposición pola dignidade das empregadas e empregados públicos. Nesta exposición ponse en valor o traballo feito por distintas traballadoras e traballadores públicos da Administración Xeral da Xunta de Galiza porque servizos públicos non é só o persoal sanitario, docente, policía e bombeiros como a miudo sae na TV. Esta exposición levaríase co traballo de delegadas e delegados de persoal por distintas salas e centros, comezando polos da Xunta, para achegar á cidadanía a importancia da nosa figura.

Dado que o custo aproximado desta impresión ronda os 250€, quedan case 250€ por gastar. Fanse propostas de cedelo para unha obra de interese social e discútese se a unha entidade ou persoa particular (fálase das persoas que durmen ao raso na estación de autobuses). Tamén se discute sobre a entidade e decídese maioritariamente que sexa un entidade local e de acción directa como a Cociña Económica de Santiago. Tamén se decide que esta achega se faga despois do Nadal, cando a solidariedade se resinte e este centro ten un baixón de colaboracións.

Por último, sae unha nova proposta de iniciar unha nova campaña de venta de camisetas solidarias (con tallas XL) e que os seus beneficios vaian tamén destinados á acción social que se elixa. Do mesmo xeito, propónse tamén facer un último póster na exposición da dignidade que explique como se financiou esta campaña e a onde se destinaron o resto de beneficios das camisetas (cociña económica). Neste senso fálase de que na defensa da nosa dignidade está decirlle tamén a cidadanía que as empregadas e empregados públicos non somos "egoistas" que miran só pola súa extra, senón que somos conscientes do mundo que nos rodea e tratamos de axudar co noso traballo e tamén co noso diñeiro.

Xa sabes, se queres colaborar, reserva xa a túa camiseta solidaria e "Polo futuro defende o público".


Convocatoria asemblea

Ningún comentario:

Publicar un comentario