mércores, 3 de decembro de 2014

Aparecen as primeiras sentenzas para persoal funcionario da recuperación de parte da paga extra 2013

Estas primeiras sentenzas recaeron no ámbito no Ensino e recoñecen o dereito a cobrar o complemento específico devengado na extra de xuño de 2013 ata que entrou en vigor a Lei de Orzamentos en marzo; é decir a devolución dun terzo dese complemento.

Inicialmente o que cuestionaban as nosas demandas era que a Xunta non tiña competencia para eliminar os complementos específicos das dúas extras porque o artigo 22.4 do EBEP establece que as pagas extras deben incluír necesariamente este complemento, polo que sería unha lei, a dos Orzamentos galegos, que invadiría unha competencia estatal.

As sentenzas son do contencioso-administrativo da Coruña, en primeira instancia, e pola contía son firmes e obrigan á Administración a pagar os xuros legais desde a presentación da reclamación en vía Administrativa.


O persoal funcionario da Xunta pode presentar a reclamación en vía administrativa e logo a reclamación xudicial. Tamén cabe a posibilidade de non facer nada e agardar que nalgún momento nola devolvan como a parte devengada da paga extra de 2012 (a cachos, claro).  O tempo de resolución depende de cada sala e de cada xulgado. Advertimos tamén que aínda non temos coñecemento de sentenzas no contecioso para o persoal funcionario da Xunta en ningún xulgado do país (o persoal de Ensino foi o primeiro persoal funcionario) aínda que é moi probable que vaian todas polo mesmo camiño.

Respecto á posibilidade de extensión de sentenza, no ámbito que for posíbel, cómpre sinalar que a Xunta recorreu en casación por interese de lei ante o Tribunal Supremo. E a súa vez este tribunal presentou unha cuestión de constitucionalidade ao Tribunal Constitucional. Hai que agardar a que se pronuncien cada un dos tribunais anteditos e, mentres, o ditado dos autos estimatorios estaría en suspenso. É un imperativo establecido na lei da xurisdición contencioso administrativa.

A Xunta xa fixo anuncio público da intención de devolver de xeito concreto a parte devengada da paga extra de 2012 e de xeito indeterminado o resto. Iso sí, non podemos garantir o que chegaría primeiro. En calquera caso ir ao xulgado reclamando as extras unha cuestión personalisima e todo ten os seus pros (xuros, esixir xustiza...) e contras (posibles costas...). Iso sí, o resultado previsible sería recuperar só a parte devengada.

Para o persoal laboral, o conflito colectivo resolveuse no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en termos similares pero non é firme. A Xunta de Galiza previsiblemente non vai abonar as cantidades dado que está a presentar recursos de casación ante este tipo de sentenzas e haberá que agardar a que o Tribunal Supremo resolva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario