luns, 2 de febreiro de 2015

Campaña de vixiancia da saúde 2015 para o persoal da Administración Xeral da Xunta de Galiza

Do Servizo de Prevención de Riscos Laborais:

Comeza a campaña de vixilancia da saúde para o ano 2015 para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia, polo que se abre o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia. 

No DOG do día 2 de febreiro, publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos. O prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais dende o día seguinte ao da publicación da resolución do DOG (do 3 de febreiro ao 4 de marzo).

A solicitude farase de xeito telemático, para realizala poderá picar no seguinte enlace á páxina web do Servizo de Prevención de Riscos Laborais.


O seguinte persoal ten campañas de vixiancia da saúde propias: o que traballa en centros  docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o que traballa en centros dependentes do Sergas e o dos entes públicos e fundacións.



Ningún comentario:

Publicar un comentario