mércores, 11 de febreiro de 2015

Comisión de seguimento do acordo para a xubilación parcial anticipada

O martes, 10 de febreito, tivo lugar unha reunión entre o Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta e a Dirección Xeral da Función Pública. O comité intercentros instou esta xuntanza unha vez que foi coñecedor dunha circular  da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Traballo e Benestar que establece a imposibilidade de chegar a un acordo de xubilación superior ao 50% da xornada de traballo.

Esta decisión unilateral desta consellaría  altera substancialmente o previsto nas instrucións para o acceso á xubilación parcial anticipada e o contrato de remuda  xa que anula o caracter negociador das partes obrigadas (persoa xubilada e Administración) de chegaren a un acordo sobre a redución de xornada e a forma de acumulala

Función Pública é descoñecedora desta circular e pon moito énfase no caracter negociador das partes para chegar a un acordo de redución da xornada e que, polo que sabe, en tódolos expedientes tramitados foi aceptada a vontade da persoa xubilada. En todo caso, comentan que falarán con Traballo para exixir o caracter negociador ao que están obrigadas as partes.

Dende a CIG anunciamos que se Traballo nega sistematicamente a posibilidade de chegar ao máximo da xubilación parcial, o 75%, estaríamos diante dun incumprimento substancial do acordo que posibilitaría a vía xudial de conflicto colectivo.

Por outra banda,  denunciamos o incumprimento da instrución cuarta punto 2, no suposto de renuncia do remudista, na que o proceso de selección do seu substituto, pola vía de urxencia, ten que ser directamento polo Servizo Galego de Colocación. O caso é que o servizo de colocación envía unha terna de candidatos/as e a xefatura territorial decide a quen contratar, xa que a oficina de emprego fai unha preselección e a xefatura a selección definitiva. 

Función pública descoñece a posibilidade de pedir a selección ao servizo de colocación, polo que lle propoñemos que se informe e que no caso de que a oficina de emprego non poida facer a selección directa e sí unha preselección, entón que se decida que a persoa a contratar deberá ser a primeira da terna preseleccionada. Estamos todos de acordo agás unha organización sindical (UXT) que ten que consulta.

Rematada a xuntanza, diante da ausencia de postos que ofertar ao persoal laboral en situación de incapacidade permanente total para o traballo habitual, fálase da posibilidade de negociar unha modificación do convenio para poder ofertar o 50% da xornada de  xeito que para un mesmo posto poidan vincularse dúas persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario