luns, 9 de febreiro de 2015

Estáncase a flexibilidade e o teletraballo segue sen despegar na Xunta

Nos datos achegados pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, con efectos de 31 de xaneiro, confírmase a tendencia de estancamento nas solicitudes de flexibilidade e tamén do teletraballo.

Máis preocupante resultan os datos deste último que segue sen arrancar na Xunta. Dos máis de 2.000 potenciais postos onde podería implantarse o teletraballo hai só 46 resolucións aprobadas. E isto a pesar de que tralo último consello da Xunta, Núñez Feijóo volveu destacar a implantación na Xunta desta ferramenta de conciliación da vida persoal, familiar e laboral (ver parágrafo final da nota de prensa)

Seguimos insistindo en que as denegacións son demasiado xenéricas, pouco fundamentadas e totalmente excluíntes para determinados colectivos como o persoal informático que na empresa privada é obxectivo habitual do teletraballo. Ademais, compre destacar que a concesión é tan discrecional e complexa que só 98 persoas solicitaron o teletraballo cun saldo de máis denegacións que concesións (51 denegadas fronte a 47 concedidas).


DATOS RELATIVOS ÁS FLEXIBILIDADES E TELETRABALLO APROBADAS. 31 XANEIRO 2015

Flexibilidade automática
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
6.603(+25)
2.750 (+7)
3.853 (+18)


Flexibilidade POR CONCILIACIÓN
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
798 (+2)
325
473(+2)


TELETRABALLO
APROBADAS
SERVIZOS CENTRAIS
SERVIZOS PERIFÉRICOS
46
37
9

En xaneiro non houbo ningunha denegación. 
Móstrase en vermello os datos que variaron respecto ao mes anterior e entre paréntese a variación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario