venres, 13 de febreiro de 2015

Calendario e mesas nas vindeiras eleccións sindicais de persoal funcionario de Servizos Centrais

Achegamos información sobre o calendario oficial e a distribución das mesas aprobado pola Mesa Coordinadora do proceso electoral da Xunta de Persoal Funcionario dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza. 

Tendo en conta as datas actuais, e co obxectivo de fomentar a participación, cómpre poñer a vista no 26 de febreiro que remata o prazo para reclamar ao censo provisional  calquera erro que atopedes nos vosos datos, ou se non aparecedes. Estes censos atópanse nos taboleiros de información dos servizos de persoal das consellarías. Se tedes calquera dúbida podedes consultarnos.


09/02/2015
luns
Constitución da mesa electoral
10/02/2015
martes
Exposición do censo electoral provisional
25/02/2015
mércores
Remate do prazo de exposición do  censo electoral provisional
26/02/2015
Xoves
Remate do prazo de reclamación sao censo electoral provisional
27/02/2015
venres
Resolución das reclamación sao censo electoral provisional
Publicación do censo electoral definitivo
Determinación do número de representantes a elixir
28/02/2015
sábado
Inicio do prazo de presentación de candidaturas
10/03/2015
martes
Remate do prazo de presentación de candidaturas
11/03/2015
mércores
Proclamación provisional de candidaturas
12/03/2015
xoves
Reclamacións contra a proclamación provisional de candidaturas
13/03/2015
Venres
Resolución das reclamacións contra a proclamación provisional de candidaturas
Proclamación definitiva de candidaturas
14/03/2015
sábado
Inicio da campaña electoral
14/04/2015
martes
Remate da campaña electoral
15/04/2015
mércores
Día de reflexión
16/04/2015
xoves
Votación (de 10:00 a 16:00h) e escrutinio


A distribución das mesas onde se poderá exercer o dereito a voto será a seguinte:

MESA
ÁMBITO
Nº VOTANTES
Presidencia
(San Caetano)
Presidencia, Vicepresidencia e AMTEGA
357
Cultura e Educación
(San Caetano)
Toda a consellaría
324
Medio Rural e Mar
(San Caetano)
Toda a consellaría, agás as direccións xerais que están completas en Salgueiriños
210
Facenda
(San Caetano)
Toda a consellaría e a ATRIGA
323
Industria e Medio Ambiente
(San Caetano)

Todo o persoal que está traballando no edificio dos Espellos das consellarías de Economía e Industria e tamén de Medio Ambiente
297
Familia
(San Caetano)

Persoal da consellaría de Traballo que está na área de Benestar e localizado en San Caetano
217
Sanidade
(San Lázaro)
Persoal da Consellaría de Sanidade e SERGAS
312
Edificio de Traballo
(San Lázaro)

Resto de traballadores que están en San Lázaro (IGE, Deportes, Traballo, Montes, Interior, Medio Ambiente..)
389
Mesa Área Central
(IGVS)

Persoal que traballa nas dependencias de Área Central, EGAP e IGC.
266
Mesa Itinerante
(Salgueiriños e Mazarelos)

Estará sita nas dependencias de Salgueiriños na primeira parte da xornada (FOGGA, Des. Pesq. e APLU) e na segunda estará nas dependencias de Turismo na praza de Mazarelos (ATURGA, ISSGA, GAIN, Consello Consultivo, Relacións Laborais e resto de persoal que están no centro e zona vella)
236

Para o persoal do Gaiás haberá unha liña de autobús con carencia cada hora dende a Cidade da Cultura e posterior volta dende San Caetano.

*O número de datos é provisional mentres non se aprobe o censo definitivo

Ningún comentario:

Publicar un comentario