martes, 24 de febreiro de 2015

POLA DEFENSA DA RESIDENCIADE MAIORES DE FERROL

INFORMACIÓN DA ROLDA DE PRENSA CONVOCADA NO CONCELLO DE FERROL POLO COMITÉ DE TRABALLO E BENESTAR DE A CORUÑA COS GRUPOS MUNICIPAIS DO PSOE, EU E BNG​.




O PLENO DO CONCELLO DE FERROL,TRATARÁ ESTE XOVES 26 ÁS 19 HORAS VIA MOCIÓNS DOS GRUPOS DA OPOSICIÓN, A SITUACIÓN DE DESIDIA E ABANDONO DUNHAS OBRAS INICIADAS PERO PARALIZADAS SEN XUSTIFICACIÓN.

Hoxe foi a Rolda de prensa convocada polo Comité de Traballo e Benestar de A Coruña no Concello de Ferrol, quen conxuntamente cos Grupos Municipais do PSOE, EU e BNG presentaron mocións -o PSOE e EU presentan a mesma, e o BNG presenta pola súa conta unha similar​-

A solución dos problemas da Residencia de Maiores de Caranza adscrita á consellería de Traballo e Benestar pasa ademáis de rematar o antes posible coas obras iniciadas pola ampliación das prazas para persoas asistidas, retomándose a creación dun novo módulo para residentes asistidos.

A CIG de Traballo e Benestarconsidera que é urxente e imprescindible para paliar a situación de numerosos anciáns da comarca de Ferrol que a Residencia de Maiores de Caranza sexa posta en disposición de usar todas as prazas que dispon, sendo totalmente insuficientes as actuáis que coa merma das obras solo son 127 (do total de 191 que ten de capacidade a R.M. de Caranza si estivesen as obras rematadas).

Tamén se trampean as ratios pois a maioria das persoas consideradas valídas xa non o son e precisan aseos,cueiros e axuda para o desempeño das tareas máis esenciais na súa vida diaria, polo que no momento de facer o informe foron calificados como validos pero dado o retraso en ser chamados para ingresas xa pasaron a ser persoas asistidas.

É inadmisíbel que a Consellería paralizara as obras durante sete meses por non darlle á Empresa adxudicataria das obras 115.000 euros por uns imprevistos técnicos, cando esta mesma Consellería non ten nengún problema en darlle hai unha semana 450.000 euros a  Asociación Privada Amicos para 54 prazas, jactándose ademais de que desde o ano 2009 deronlle a Amicos máis de 4 millóns e medio de euros para que construiran un Super Centro Privado en Boiro para persoas con discapacidade.

Mentres, en Ferrol, por 115.000 euros paralizan as obras

Ferrol, 23 de febreiro de 2015.

CIG DE TRABALLO E BENESTAR DE A CORUÑA

CARMEM VISO (610 06 37 85)

Anexo a moción conxunta do PSOE e EU (o BNG presenta unha similar)

Ver videos da rolda de prensa:
https://www.youtube.com/watch?v=g2kbll5YJsY&index=2&list=FLMRKYXydbsuuaB-xYb2oCSA

https://www.youtube.com/watch?v=g2kbll5YJsY&list=FLMRKYXydbsuuaB-xYb2oCSA&index=2

Ningún comentario:

Publicar un comentario