martes, 17 de marzo de 2015

Resumo da reunión do Comité Intercentros do 17 de marzo: mani do 14 de abril, pluses de sentenza e concursos de traslados

Acórdase por unanimidade pedir a Función Pública que se faga unha modificación de todas as RPTs das consellarías afectadas para incluír nestas os pluses que nestes momentos están gañados por sentenzas xudiciais e aínda non están incorporados xa que temos comprobado que as consellerías néganse sistematicamente a incluír estes pluses aínda que fagan modificacións nas súas RPTs.

Acórdase por unanimidade esixir a Función Pública o cumprimento do V Convenio Colectivo e que se convoque o concurso de traslados do persoal laboral nos termos recollidos no artigo 7.2.a.1 do convenio.

Perfílase a MANIFESTACIÓN do día 14 de abril de 2015 para denunciar a bochornosa situación dos centros públicos da área de Benestar da Consellería de Traballo:

  • Saída ás 10:30h dende a Residencia "Porta do Camiño" ata San Caetano e posterior entrega das sinaturas recollidas por todo o país en defensa duns servizos sociais públicos de calidade.
Acórdase que o Comité Intercentros farase cargo dos gastos de un autobús por provincia para o traslado a Compostela.

Tamén foron unánimes os acordos sobre a petición de reposición dos artigos suspendidos no V Convenio Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza pola lei de medidas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario