luns, 13 de abril de 2015

O día 16 de abril, VOTA CIG: eleccións sindicais ás Xuntas de Persoal en Compostela

O vindeiro xoves, o persoal funcionario e interino estamos chamados a elixir aos nosos representantes nos órganos de representación. Nomeadamente, no ámbito das comarcas de Compostela e As Rías, estamos chamados a votar para a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais e para a Xunta de Persoal da Coruña.

Son unhas eleccións nas que competimos con outras organizacións sindicais para ter o maior número de delegadas e delegados, pero nas que, na realidade, o que temos que facer é reclamar do xeito máis forte e firme a recuperación dos nosos dereitos económicos e laborais perdidos, e nos que temos que reclamar tamén unha Función Pública digna onde as traballadoras e traballadores do Público teñamos unha representación á altura das circunstancias.

As compañeiras e compañeiros que traballamos actualmente pola CIG, cremos que a mellor opción é a nosa, e non só polo único feito de ser a nosa opción, senón porque o noso compromiso e a nosa capacidade de loita, que exercemos a través desta organización sindical, está fóra de dúbida. 

Por todo isto, pedímosche que te impliques e nos axudes a que a CIG obteña un gran resultado este xoves.

NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS E DOS DEREITOS DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

O XOVES, 16 DE ABRIL... VOTA CIG

Lugares e horarios de votación:
Horario (Servizos Centrais) entre as 10:00 e as 16:00 h.

- Xefatura Territorial da Coruña: 
* Compostela, mesa nº 9, oficina agraria comarcal (Rúa Fonte dos Concheiros, nº 9 baixo)
* Noia, mesa nº 11, oficinar agria comarcal (Rúa Rosalía de Castro, nº 6 baixo)
Horario (XP da Coruña) entre as 09:00 e as 14:30 h.


Máis información sobre as eleccións sindicais:

- Servizos Centrais.

- Xefatura Territorial da Coruña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario