martes, 14 de abril de 2015

Pronunciamento NON aprobado pola Xunta de Persoal en contra da INTEGRACIÓN do persoal dos chiringuitos

Manifesto en contra do decreto do Decreto de integración - Por unha única porta de entrada na Xunta. A xente da CIG non somos o mesmo.


A CIG, na Xunta de Persoal dos Servizos Centrais, tentou sempre procurar a unidade co resto das outras organizacións sindicais, por exemplo na hora de procurar a recuperación dos dereitos laborais ou a recuperación salarial, no que todos e todas estamos de acordo.
Non entanto, dende a CIG entendemos que hai cuestións que temos que defender por riba de todo, que hai cousas das que non imos pasar de largo, nin imos esquecer, nin imos mirar para outro lado. A CIG, xa no ano 2010, foi o único sindicato que se opuxo á LOFAXGA, lei que consolidou a práctica dos chiringuitos de contratar persoal propio, persoal seleccionado en moitos casos sen procesos selectivos públicos e abertos, con soldos superiores ao do persoal propio da Xunta de Galiza.
Dende a nosa acción sindical, e cando a integración comezou a materializarse no noso centro de traballo dos Servizos Centrais, levamos unha proposta de pronunciamento ao pleno da Xunta de Persoal do 27 de xuño de 2012. Este pronunciamento foi rexeitado cos votos en contra da CSIF, CCOO e UXT e co único voto a favor das compañeiras e compañeiros da CIG.

Que pretendíamos con ese pronunciamento? Pretendíamos abrir un debate público co obxectivo de que a o conxunto da Función Pública, as traballadoras e traballadores do público e a propia Sociedade reflexionase sobre unha normativa que permite burlar os principios de IGUALDADE, MÉRITO, CAPACIDADE e PUBLICIDADE. Non nos valen os argumentos de que se a norma xa está aprobada hai que tragala e punto. Xa nese momento, e na actualidade, estanse a producir integracións á carta derivadas da aprobación da LOFAXGA.
A CIG é un sindicato independente e plural, e cremos o exercicio da Función Pública ten que estar destinado claramente ao servizo á cidadanía para poder acadar uns Servizos Públicos Galegos e de Calidade. Cremos tamén que a obxectividade no desenvolvemento deste labor é básico e fundamental para poder esta función e para minimizar a corrupción que pulula por moitos entes públicos.
OS FEITOS SON CLAROS: NON VENDEMOS MOTOS, NON TEMOS FRASES BONITAS QUE DESPOIS NON LEVAMOS Á PRÁCTICA. 

DEFENDEMOS OS NOSOS PRINCIPIOS, OS DO PERSOAL FUNCIONARIO, FIXÉMOLO DURANTE CATRO ANOS, AGORA TÓCACHE A TI, PRECISAMOS O VOSO APOIO.

O XOVES,  16 DE ABRIL, VOTA CIG


Esta Xunta de Persoal, como representante do persoal funcionario dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, con respecto ao Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción, manifesta o seguinte:
 
Que a forma de integración do persoal destes entes mediante este decreto é altamente negativo para persoal da Xunta de Galiza, tanto funcionario coma laboral, polos seguintes motivos:
 
-    Presuponse unha selección previa deste persoal baseada nos principios de igualdade, mérito e capacidade que non é real na súa totalidade, xa que trata de igual maneira diferentes entes que si puideron ter un proceso selectivo conforme a estes principios e outros nos que nin tan sequera o tiveron. Incluso se prevé a incorporación de persoal que tivese “contrato laboral fixo de conformidade na normativa vixente no momento da súa incorporación”, o que converte este proceso nunha coladeira.
 
-    As condicións de integración baséanse na posesión dunha determinada titulación, cando nestes intres os procesos de promoción interna e a carreira administrativa están totalmente paralizados para o persoal funcionario e laboral fixo propio da Xunta, o que causa un grave prexuízo discriminatorio ao persoal que superou procesos selectivos largos, complicados e abertos a toda a cidadanía no ámbito da Función Pública de Xunta.
 
-    Adscribe ao persoal dos entes que non se extingan en postos de traballo definitivos, sen que estes sexan ofertados previamente ao persoal funcionario ou laboral fixo. Non entanto os concursos de traslados retrásanse eternamente e obrigan a pasar anos en distintas localidades antes de poder optar a unha praza na localidade de residencia.
 
-    Consolida soldos superiores aos establecidos para o persoal funcionario e laboral, ben sexa mediante un recoñecemento automático de servizos prestados, ou tamén temporalmente mediante unha transición, regulada no propio decreto, de seis anos, para soldos que poden incluso sobrepasar os establecidos para un conselleiro.
 
-    Non se asegura o mantemento do persoal interino e persoal laboral temporal, que pode ser directamente desprazado dos seus postos de traballo mediante a integración do persoal deste tipo de entes, o que suporía outro ataque máis contra o persoal dos Servizos Públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario