mércores, 13 de maio de 2015

Punto de varios intenso na Comisión de Persoal do 12 de maio e novas sobre concurso na Comisión de Persoal do 13 de maio

O 13 de maio houbo outra Comisión de Persoal extraordinaria onde foron soamente as bases do concurso de traslados do persoal funcionario de corpos xerais, non houbo punto de varios aínda que si se falou da recuperación da 2ª parte contratante da parte devengada da paga extra do 2012.


Pero onde si houbo varios e bastantes foi na Comisión de onte onde a Xunta volveu aprobar todo, independentemente do sentido do voto dos sindicatos. Imos ao tema:

O prazo para presentar alegacións á promoción interna alóngano ata o luns 18 de maio. Como xa dixeron na Mesa Xeral, o modelo non o van cambiar. Só están dispostos a falar dos temarios e de modificar algún tipo de exame. Teñen intención de aprobala na primeira quincena de xuño.

As convocatorias libres do A1,A2,C1 e C2 teñen intención de negocialas a finais de maio, levalas á Mesa Xeral en xuño e aprobalas na primeira quincena de xuño.

Concurso de traslados corpos xerais: publicación no DOG a mediados da semana que ven.

RPT de Traballo (laborais): en maio habrá cando menos unha xuntanza máis coa consellería antes de ir á Mesa Xeral. Probablemente crearán máis prazas que as inicialmente previstas. Teñen intención de aprobar a RPT a primeiros de xuño e de cubrir antes do verán todas as prazas novas que se creen.

Concurso da escala de informática: de aquí a final de ano e se hai demanda por parte dos sindicatos, Función Pública falará con AMTEGA sobre este tema.

En xuño retomarán o tema da reestruturación das categorías laborais. O concurso de persoal laboral quedaría para despois do verán.

Ordes de integración: nas vindeiras semanas convocarán a comisións de valoración do IET. A partir de xullo virá GAIN e Turismo.

Paga extra de decembro de 2012: adiantáron que na Comisión de Persoal do 13 de maio dirían algo ao respecto e xa o dixeron todo hoxe no anuncio publicado no DOG.

Actualización (15/05/2012): resumo da Comisión de Persoal do 13 de maio


Punto único: Proposta de resolución pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

•    Informa o DXFP dunha modificación do buzón de postos que consiste na exclusión dunha serie de postos por razóns de saúde ou violencia de xénero. Neste senso, a CIG expuxo que o mesmo que nos expedientes disciplinares temos acceso a consultar os expedientes, neste caso tamén debéramos ter acceso a esa información. O DXFP dixo que non habería ningún problema a ese respecto.

•    Por outra banda, tamén exclúen do buzón os seguintes postos:

PX.301.00.002.15770.021 Xefatura de sección II, nivel 25, por estar pendente de amortización.
FC.C07.00.001.15770.009 Xefatura de sección I, nivel 25, por razóns organizativas.

•    Informa o DXFP de que se inclúen no buzón de postos as seguintes prazas de auxiliares administrativos, nivel 12, de ATRIGA en Vigo:

FC.A29.10.000.36560.030
FC.A29.10.000.36560.035
FC.A29.10.000.36560.040

•    Inclúen tamén todas as prazas vacantes das rpt´s de ATRIGA e consellería de Traballo aprobadas na Comisión de Persoal do 12/05/2015. Todas estas prazas incluiranse no buzón de postos o luns 18 de maio de 2015.

•    A convocatoria do concurso publicarase no DOG do 20/05/2015

•    A CIG manifestou o seu rexeitamento á excesiva puntuación dos méritos específicos neste concurso, o que na práctica pode supor a imposibilidade de acceso a moitas das prazas ofertadas.

•    A CIG, CCOO e CSIF votaron en contra. UGT abstívose.

•    En canto á resposta pendente do DXFP sobre a extra de 2012, este dixo que o proceso para a devolución saíu publicado no DOG do 13/05/2015 e que será de oficio para o persoal que estea en activo. Aquelas persoas que xa non estean en activo terán que facer unha nova solicitude de devolución. A este respecto, a CIG manifestou o seu rexeitamento a esta nova solicitude e sinalou que a devolución tería que ser de oficio por parte da Administración. O DXFP manifestou que, segundo o CIXTEC, é  imposible facelo de oficio por causas técnicas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario