xoves, 25 de xuño de 2015

Concentración frouxa do persoal laboral en San Caetano en defensa do concurso e da recuperación do convenio colectivo

Compañeiros de servizos centrais xunto con membros do Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña
O martes, 23 de xuño, tivo lugar unha concentración que citou en San Caetano ao persoal laboral de diferentes lugares do país. A pesar do difícil de cadrar quendas, houbo persoal laboral que fletou buses e se desprazou ata Santiago para a protesta, xuntando unhas 300 persoas ás que se uniu escaso persoal funcionario desta casa co que conseguimos facer unha pequena manifestación que rodeou o edificio administrativo.

Neste acto, reivindicábase a recuperación do artigo 19 do Convenio colectivo (descansos de domingos e festivos), a convocatoria inmediata do concurso de traslados e unha viraxe na política de recortes e amortizacións nos postos públicos da actual Xunta.

A CIG non levou parafernalia, nin bandeiras porque quería dar o protagonismo ás traballadoras e traballadores que acudiron coa clásica vestimenta laranxa e negra contra os recortes nos servizos sociais públicos da Xunta, pero aínda así foi esta unha concentración frouxa na asistencia dos preto de 8000 efectivos de persoal laboral en todo o país ou das 4000 persoas que hai traballando nos Servizos Centrais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario