luns, 1 de xuño de 2015

Mesa Xeral e Comisión de Persoal extraordinaria do 27 de maio con varios "varios"

O 27 de maio houbo Mesa Xeral e Comsión de Persoal exprés con punto único: RPT de ATRIGA. Tratábase de "negociar" a amortización de 4 postos vacantes que foron ofertados no concurso. De novo volveuse comprobar a liturxia que supoñen estas reunións das que o máis positivo é que dean algunha información do que van facer en breve con relación a algún tema da Función Pública.
Con relación á RP da ATRIGA, as 3 xefaturas de grupo que neste día se cargaron, xa foran modificadas facía poucos días (DOG do 15/05/2015), e ofertadas no concurso de corpos xerais (DOG 20/05/2015), pero din que esto foi un erro, porque tiñan previsto amortizalas.

Din que o motivo das amortizacións é financiar a creación doutros postos necesarios para unha futura reorganización prevista na mesma unidade: falan de crear unha xefatura de sección e dous negociados, para o que nos convocarán "proximamente".

Publicarán en breve corrección de erros no DOG e actualizarán o buzón de postos.

Voto: CIG, CCOO e UGT, en contra. CSIF a favor.

Varios


Aínda que non estaba previsto por ser extraordinarias tanto a Mesa Xeral onde se "negociaron" as amortizacións e a Comisión de Persoal onde se votararon, tratáronse outros asuntos:

RPT ATRIGA: na 1ª ou 2ª semana de xuño enviarán proposta de modificación da RPT na que irán as creacións de prazas.

Retirada de postos do concruso por adscricións por razóns de saúde:
En resposta a UGT, o director xeral da Función Pública (dxFP) pide máis exactitude nas súas denuncias. A tal efecto informa que dende 2010 se solicitaran 8 prazas por enfermidade de pai ou nai, das que 7 foron concedidas e 1 desestimada. Das 7, 4 xa non están.

Comunica o dxFP que debido a que un sindicato distribuíu a relación de prazas retiradas do concurso por motivos de saúde ou violencia de xénero, non volverán a facilitar esa información no futuro. Xusto na liña contraria, a CIG solicita que a relación de prazas sexa facilitada con mais antelación (foinos entregada o día da Comisión de Persoal (CP) en que se aprobou o concurso). Pola CIG, cumpriuse o sixilo pois só tiveron o listado as dúas persoas que acudiran a CP anterior así como a persoa encargada de facer as alegacións aos postos. O dxFP di que o pensaran para a seguinte ocasión.

Elección de destino de axentes medioambientais: aínda non abriu Función Pública o prazo para presentar documentación e que ten que falar con Medio Rural a ver en que trámite está o proceso.

Elección de destino de Arquitectos/as e Inspectores/as urbanísticos/as
: están mirando en que momento está o proceso para ver se a elección de destino se podería facer en xuño; de non ser así, quedaría para setembro porque en xullo e agosto non vai haber ningunha elección de destino.

Proceso selectivo gardacostas: non está prevista a convocatoria neste ano. Como moito podería ser a finais de ano, pero xa se verá.

Proceso selectivo ordenanzas con reserva para persoas con discapacitade intelectual:
respecto á oferta de emprego de ordenanzas do 2015, todas as prazas están reservadas a persoas con discapacidades intelectuais. A CIG advirte do risco que isto ten para a protección de datos, pois calquera relación de persoas que circule, leva implícito o coñecemento da súa condición de discapacitada intelectual. Resposta o dxFP que estudarán como teñen feito noutras Administracións para garantir a privacidade.

Informa que xa lle comunicaron ao persoal provinte doutras administracións que se integraron coa entrada en vigor da lei de emprego público para todos os efectos na Xunta de Galiza. Dende a CIG cremos que esta novidade con respecto ao concurso de traslados podería desenvocar na xudicialización e posible paralización deste proceso.

Cambios no decreto de listas
: a CIG pregunta polos cambios do decreto acordados na comisión de listas. O dxFP resposta que nunha semana máis ou menos comunicará a data en que disporemos do rascuño. O novo decreto de listas estaría listo antes do verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario