luns, 1 de xuño de 2015

Outro millón de euros para os medios de comunicación (axudas directas e convenios fraudulentos)

Segue a notarse a melloría na recuperación da situación económica que na Xunta atoparon 1 millón de euros máis para os medios de comunicación. Non os atopan tan facilmente para sanidade, educación, servizos sociais ou calquera tipo de servizo público que sexa de prestación directa, ou sexa, que non haxa cazo polo medio.

Do que estamos falando aquí é das seguintes resolucións do DOG:



Ampliación do crédito para as axudas directas a medios de comunicación

A primeira das resolucións é "tan só" unha segunda parte dalgo que xa vén de febreiro deste ano. Nese mes convocávase no DOG as xa tradcionais axudas para os medios de comunicación galegos. Para dar impresión de auteridade aparecía un orzamento de tan só 1.135.000 €, porén non tardaron, unha vez pasadas as eleccións do 24M, en publicar no DOG unha ampliación de crédito de 540.000€.

Esta xogada de primeiro poñer 1.135.000 € en riba da mesa e logo amplío o crédito en 540.000€ xa o fixeron tamén en anos anteriores ata igualar eses 1.675.000 € totais. Para acceder a elas, a condición é que conten con espazos ou programas que difundan a "cultura galega".

Convenios de colaboración para comprar xornais para os centros educativos

Curioso convenio de colaboración onde unha Administración pon cartos e a outra parte conveniante comprométese a colocar un número determinado de xornais nos centros docentes non univesitarios da Xunta. Isto basicamente é un contrato de compraventa malamente disfrazado de "fomento da lectura da prensa escrita polo alumnado dos centros docentes públicos non universitarios". Custo: 316.373,32 €

Tamén hai a versión electrónica na que a Xunta pon cartos e a empresa xornalística dá acceso nos centros universitarios a súa web que figura no nome da cada convenio. Aquí aínda é mais grave pois a parte destas empresas xornalísticas cobran polo acceso web aos seus contidos. Ista regalía aos xornais afins vai disfrazada do "fomento do uso das novas tecnoloxías de información e comunicación polo alumnado dos centros docentes públicos non universitarios".  Custo: 168.900 €

En total destes convenios fraudulentos van 485.273,32 €. O grupo da Voz é o que máis se leva destes convenios cun total de 243.709,70 € (algo máis da metade), seguido polo do Faro de Vigo con 100.743,05 €.

De ambas as dúas cuestións pasámoslle información ao resto de medios non premiados, así como á Fundación Civio e máis aos grupos parlamentares da oposición para que tomen as medidas que consideren oportunas. 

Máis información:

Ningún comentario:

Publicar un comentario