xoves, 9 de xullo de 2015

Alegacións ás Instrucións de permisos, vacacións e licenzas

Rematou o prazo para presentar alegacións luns, 6 de xullo, levándose á Mesa Xeral o día seguinte, 7 de xullo. Na Mesa, e con vistas á Comisión de Persoal do venres, 10 de xullo, o director de Función Pública dixo que só ían trocar algo con relación ao permiso polo día de exame oficial. En calquera caso, serva como indicio da escasa vontade negociadora que o documento que mandaron incialmente, o que mandaron como anexo á Mesa Xeral e o que mandaron como anexo á Comisión de PErsoal é exactamente o mesmo.

Vale que tiña que quedar pechado este mes, pero botamos en falta algo máis de detemento á hora de estudar as alegacións. Esta proposta de modificación das actuais instrucións non é só unha adaptación técnica ao que dispón a LEPG, senón que se engaden moitas cousas a maiores que supoñen unha merma nos dereitos do persoal (limitación da acumulación da lactación ao persoal de Traballo, definición do período de 24h no permiso por hospitalización, limitación do persmiso de conciliación para as persoas con flexibilidade familiar...). Como sempre, a interpretación máis restrinxida, coma sempre caña á figura do empregado público, non vaia a ser que "nos despendolemos con tanto dereito".

ACTUALIZACIÓN (09/07/2015): hoxe hai prevista unha reunión previa á Comisión de Persoal de mañá, venres, 10 de xullo, onde agardamos que cambien algo máis antes de que o volvan a aprobar en solitario.

Neste senso, ademáis do contido no documento de alegacións xa presentado con data do 6 de xullo, queremos facer especial mención ao seguinte parágrafo que figura nas instrución décimo primeira (permiso para cumprimento de deberes persoais, de carácter público ou conciliación da vida familiar e laboral):

Os empregados públicos que teñan concedida a flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar e laboral, deberán xustificar a imposibilidade de cumprir cos seus deberes de conciliación no dito horario para poder facer uso deste permiso.

Cómpre destacar en primeiro lugar que esta flexibilidade ten finalidade familiar, así pois pretender que a persoa interesada utilice esta para cubrir os aspectos persoais do permiso (asistencia a plenos de concello, asistencia a xuízos, tribunais de oposición...) é unha fraude de lei.

Outra cuestión é como xustificar  esa imposibilidade tendo en conta ademais que a maioría de flexibilidades familiares teñen un horario de referencia amplo (de 7:00 a 20:00h; excepto venres). Debería referirse, en calquera caso, ao horario habitual de prestación da xornada.

Por outra banda, xenera un agravio comparativo con quen non ten a flexibilidade familiar xa que nestes casos prima o permiso (dispensa de horas non recuperables) fronte o caso da flexibilidade familiar (dispensa de horas recuperables). E aí está a clave deste permiso, que fai que as horas que teñan que dispoñer para esas cuestións concretas (revisións médicas de fillos/as menores) non sexan recuperables. A modalidade de horario non pode supoñer un prexuízo nesta cuestión.

A flexibilidade está pensada para permitir dispensas horarias recuperables por cuestións persoais ou familiares alí onde non cubran os permisos (de carácter non recuperable); se o cubre o permiso, non cabe achacalo á flexibilidade Así pois, ese parágrafo das instrucións debe ser eliminado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario