mércores, 8 de xullo de 2015

Concurso de corpos xerais: fase de resultas real e fase de resultas potencial

Na base II.2 da orde da convocatoria aclárase que a adxudicación dun posto a resultas está condicionada a que o solicitante non obteña ningún dos postos convocados no anexo I e a que o dito posto sexa de necesaria cobertura. Esta apreciación é discrecional por parte da Administración; o que non está establecido explícitamente nas bases é en que momento do desenvolvemento do concurso terá lugar.

Semella que a listaxe de postos de resultas (publicadas na web de Función Pública o 22/06/2015) son todos os das persoas que concursaron na 1ª fase, mesmo as de aquelas que finalmente non presentaron formalmente a solicitude. Non quitaron aínda ningún posto por "non ser de necesaria cobertura" porque este listaxe de resultas é "potencial". A falta do que decida Función Pública, o lóxico é que esto o fagan cando se complete a adxudicación definitiva en 1ª fase: se á persoa titular dun destes postos "amortizables" obten outro posto, entón retiran o seu da listaxe de postos "resultables".

Aínda que resulte máis cómodo como o fan agora, daría máis seguridade xurídica unha fase de resultas real e non potencial:  unha vez resolta a 1ª fase, publícaríanse os postos de resultas de "necesaria cobertura" e teríamos unha data exacta de publicación oficial para ver as vinculacións xurídicas de non ofertar postos que quedaran vacantes con relación a cambios nas RPTs. En calquera caso, vaia por diante a nosa postura de que esta listaxe de postos retirados sexa 0 dada a actual situación deficiente na prestación de servizos públicos.
Curioso tamén é que as bases prevén a retirada final da listaxe de potenciais resultas de postos que non sexan de necesaria cobertura pero non daqueles que se modifiquen substancialmente. Dentro deste tipo de modificacións teríamos por exemplo as modificacións no complemento específico, que ao contrario do que regulamenta o Decreto de provisión, non foi publicado xunto aos postos, nin da 1ª fase no DOG, nin da fase de resultas potenciais non web da Función Pública.

Respecto aos postos que se ofertaron na 1ª fase non hai dúbida de que a persoa que chegue a tomar posesión neles, farao coas mesmas condicións que foron ofertados cando se publicaron no DOG, aínda que non publiquen todos os elementos substnaciais destes. Outra cousa moi distinta é o dos postos saíron agora en resultas potenciais, nos que non está claro cando tería lugar a publicación para os efectos xurídicos no caso dunha modificación substancial entrementeres se realiza o concurso.

Con relación a este último parágrafo, aquí vos deixamos unha resposta dada desde Función Pública a unha cuesión concreta: a dos posos das intervencións nivel 18 que teñen un complemento específico máis alto (chamado "complemento de informática) e cuxa eliminación vía modificación da RPT está agora mesmo enriba da mesa "cando queden vacantes". O que non din de forma explícita e que, a bo seguro farán, é que "o posto quede vacante en resultas" refírese á fase real de resultas, trala adxudicación definitiva dos postos da 1ª fase.

Bos dias,

En relación a súa consulta infórmolle do seguinte:

Por razóns de seguridade xurídica os postos deben adxudicarse aos aspirantes coas mesmas condicións coas que foron publicitados na convocatoria; condicións que reproducen as determinadas na RPT vixente nese momento.

Conseguintemente, de incluirse na fase de resultas el posto con código FC.C03.00.015.15770.013 o complemento específico a percibir polo adxudicatario sería o vixente ao tempo da súa solicitude.

Pero como queira que nestes momentos está presentada unha modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda onde se propón que este posto cando sexa vacante procedería a modificación do seu complemento específico, é posible que no caso que este posto quedase vacante en resultas, se procedese a retiralo do concurso por canto as condicións modificadas no mesmo son o suficientemente significativas como para aplicar o disposto na base II.2 da convocatoria.

Un saúdo,

Dirección Xeral da Función Pública

Ningún comentario:

Publicar un comentario