mércores, 26 de agosto de 2015

Acadados os 2,5 millóns de sinaturas contra o TTIP. Imos polo empuxón final!

Tan só nos quedan 43 días para recoller sinaturas para a Iniciativa Cidadá Europea (ICE) contra o TTIP e CETA! De acordo coas normas europeas, o 6 de outubro remata a fase de colección de todas as ICEs. O logro que conseguimos ata a data é para sentirnos orgullosos desta loita da cidadanía europea contra os abusos das grandes corporacións. Xusto estes días superamos os 2,5 millóns!

Asina aquí a ICE

Cantas firmas máis podemos recoller ata o 6 de outubro? Moitas se todo a xente colabora! Imaxina que cada asinante conseguise a sinaturas dunha persoa máis, poderiamos dobrar o número de firmas. Non obstante non é tan doado porque este tema está ausente do debate público nos grandes medios de comunicación. Poderíamos quizais chegar aos 3 millóns de firmas coa túa axuda? Únete ao empuxón final!
Isto é o que podes facer:

Se necesitas algunha axuda para a argumentación, recompilamos información útil na nosa páxina web (en 8 idiomas). Ademais da información sobre a ICE, podes encontrar un novo calendario para o TTIP, CETA e a nosa ICE, así como textos relevantes e os mellores videos.

Hai moito máis para facer ata o 6 de outubro. Necesitamos mostrar ás institucións europeas e aos nosos políticos nacionais canta xente se opón aos tratados do TTIP e CETA. Necesitamos protexer a nosa democracia, medio ambiente e os servizos públicos, así como os dereitos dos traballadores, da cidadanía e dos consumidores!

Ningún comentario:

Publicar un comentario