sábado, 12 de setembro de 2015

Publicado no BOE o RD-lei da recuperación doutro cuarto da extra de 2012, dun moscoso, os canosos e os adicionais por vacacións

Este sábado publicábase no BOE o RD-lei 10/2015, de 11 de septembro, polo que se conceden créditos extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do estado español e se adoptan outras medidas en materia de emprego público e de estímulo á economía. Nesta norma, aprobada no Consello de Ministros do venres, tamén se modifica o EBEP para recuperar o 6º moscoso, os canosos e os 4 días adicionais por vacacións consonte como estaban antes do 2012.

Na Xunta, o conselleiro mantera este luns unha reunión con representantes sindicais para falar da transposción destas medidas ao persoal da Xunta. Para o martes está convocada unha Mesa Xeral á que irá como punto único da orde do día a proposta de anteproxecto de lei sobre a recuperación para o persoal do sector público autonómico galego doutro cuarto de paga extra do 2012.

Para darse conta de que esta norma esta é unha medida electoralista basta con ver a fórmula de Real Decreto Lei (reservada para cuestións de urxente necesidade) e ler o primeiro parágrafo da exposición de motivos: "Os empregados públicos contribuiron cun esforzo notable e directo á recuperación económica e ao cumprimento dos compromisos adquiridos por España en materia  de consolidación fiscal.". A urxencia vén en que as eleccións serán en decembro e hai que reconciliarse coas traballadoras e traballadores públicos que antes eramos uns "vagos" e agora un exemplo de esforzo.

As medidas en materia de emprego público aprobadas no Consello de Ministros e publicadas no BOE son as seguintes, no que se fai fincapé na aplicación no resto de Administracións (de aí a reunión co conselleiro e a Mesa Xeral do martes):

a) Recuperación de parte da paga extraordinaria e adicional dos empregados públicos correspondente ao ano 2012, cuxo importe será o equivalente a 48 días ou ao 26,23 por 100 do importe deixado de percibir. A Administración correspondente realizará o abono dentro do exercicio 2015, sempre que a súa situación económico-financeira o permita; de non permitilo, o abono poderá facerse no primeiro exercicio orzamentario en que dita situación permítao.
b) Modificación do Estatuto Básico do Empregado Público:
  • Permiso por asuntos particulares: 6 días ao ano, con carácter xeral
  • Permisos por asuntos particulares por antigüidade: poderán establecerse ata 2 días adicionais ao cumprir o 6º trienio, incrementándose, como máximo, en 1 día adicional por cada trienio cumprido a partir do 8º.
  • Vacacións: Cada Administración poderá establecer ata un máximo de 4 días adicionais de vacacións. Na Administración Xeral do Estado terase dereito a 23 días de vacacións ao ano aos 15 anos de servizo; a 24 días aos 20 anos, a 25 días aos 25 anos e a 26 días aos 30 anos de servizo.
No caso da Administración Xeral do Estado será directamente aplicable en 2015, a gozar ata o próximo 31 de xaneiro.

No resto de Administracións Públicas, será directamente aplicable en 2015 para os días de permiso por asuntos particulares, e a gozar ata o 31 de xaneiro. O resto (días por antigüidade e vacacións), a decidir por cada Administración.

Queremos destacar o electoralismo destas medidas e recordarlle ao Goberno galego que quedan moitos dereitos por recuperar e que non todo é a paga extra do 2012 nin os dereitos básicos do EBEP:

Ningún comentario:

Publicar un comentario