venres, 30 de outubro de 2015

Comisións, prórrogas e adscricións persoal funcionario de setembro de 2015

No mes de setembro hai unha volta aos níveis anteriores ao verán con respecto á concesión de novas comisións pero no que se refire a prorrogas destaca unha considerable baixada (temos 48 en setembro cando en xullo e agosto houbo 185 e en xuño 124). 

O caso é que isto último pode responder a diversos factores pero aínda así semella que se deixaron de renovar algunhas comisións. Se ten algo que ver co concurso ou non é difícil de saber. Unha cousa que chama a atención é que non houbo ningunha adscrición provisional durante o mes de setembro, ferramenta que se estivo utilizando nos meses anteriores, cando menos puntualmente, para colocar a xente á que se lle acabara o chollo nos concellos, logo das últimas eleccións municipais. Destacar tamén dúas revogacións neste mes na Coruña que ao ser encadeadas son provocadas polo cesamento da que está no primeiro elo desta cadea.

Con respecto á calidade deste mercado negro de cobertura de postos, destacamos que tamén baixou o número de novas comisións en postos de LD, só catro en xefaturas de servizo. Tamén, seguindo coas novas comisións de servizo, houbo 9 niveis vinte e cinco e 16 niveis dezaoito, considerábel baixada cando no verán houbo 28 e 32, sobre todo a baixada na concesión de novas comisións de xefatura de sección. 

Nas prórrogas, hai renovacións pasadas de prazo en postos de habilitación (para cando ese concurso específico?) e, pola contra, practicamente o mesmo número de renovacións en níveis vinte e cinco e dezaoito que nos meses do verán (32 neste mes). Destacan tamén ata 6 postos nos que levan máis de 2 anos renovando a mesma comisión de servizos e algunha outra en postos de xefaturas de servizo que manteñen deste xeito os seus postos apalancados noutras Administracións.

Descargar arquivo


Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario