mércores, 7 de outubro de 2015

Convocatoria de varios cursos da EGAP para o persoal da Xunta

No DOG do 6 de outubro publícase a convocatoria de 3 cursos de formación da EGAP para o persoal da Xunta: lei de emprego público de Galiza (tamén para persoal da Administración local), capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais e xestión de equipos. 

O persoal que desexe participar nos cursos convocados deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP: http://egap.xunta.es/matricula
  • Curso sobre a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: 20h, teleformación, do 28 de outubro ao 16 de novembro. 50 prazas. Remate prazo matrícula: 14:00h do 16 de outubro. Ampliar información

  • Curso sobre a capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais: 120 horas (45 h presenciais e 75 h teleformación), do 29 de outubro ao 3 de decembro. 40 prazas. Remate prazo matrícula: 14:00h do 16 de outubro. Ampliar información
  • Curso monográfico sobre comunicación efectiva para xestores de equipos: negociación e traballo en equipo: 15h, presencial, Santiago de Compostela, 14, 21 e 28 de outubro, e 4 e 11 de novembro. 30 prazas. Remate prazo matrícula: 9 de outubro. Ampliar información


Ningún comentario:

Publicar un comentario