venres, 13 de novembro de 2015

Modificación dos programas que rexen os procesos selectivos de corpos xerais por promoción interna e acceso libre

Descargar modificacions nas ordes das convocatorias

Este tema estivo cocéndose durante todo o mes de outubro mais ao final a resposta chegou en novembro. Na reunión do luns, 9, avisaron e enviaron a proposta de modificación dos temarios convocatorias que iría á Comisión de Persoal do mércores, 11, pero só a título informativo. Fica pendente a publicación no DOG. 

Esta modificación nos programas das convocatorias é consecuencia da publicación o 2 de outubro da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común e da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público, ademais da actualización do Real Decreto Lexislativo /2015, de 30 de outubre, polo que se aproba o texto refundido de la Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

Presentan as modificacións, din que a EGAP fará os cambios oportunos nos seus temarios "o máis rápido" e que, a modo compensatorio, os exames non serán en nigún caso antes do 1 de abril do 2016.

A realidade é que non houbo negociación real dos programas iniciais das oposicións e nas modificacións nin sequera houbo negociación simulada pois non deron pé a presentar alegacións. En calquera caso, na Comisión de Persoal a CIG advertiu do seguinte:

  • En case todos os programas tanto de libre como de promoción interna entra a administración electrónica, sendo a normativa galega o Decreto 198/2010 que regula a Administración electrónica en Galiza e entidades dependentes. Esta normativa está afectada por normas básicas do estado (lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e RD 1671/2009 que a desenvolve parcialmente). As referidas normas do estado están derrogadas pola nova lei 39/2015 de procedemento administrativo común. Solicitamos aclaración de que artigos do decreto galego 198/2010 seguirán vixentes a efectos de estudo.

  • O V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza é unha norma publicada e os artigos afectados pola Lei de medidas non están derrogados, senón "suspendidos na súa eficacia", demorados no seu vigor até que se derrogue a Lei de medidas. Cómpre que aclaren se entra o V Convenio íntegro, cos artigos suspendidos, ou o V Convenio realmente aplicable a día de hoxe coa Lei de medidas.

Entende Función Pública que estas dúas advertencias, xunto coas posíbeis incidencias dos cambios normativos respecto da responsabilidade patrimonial e o procedemento sancionador, poden estar efectivamente afectados por cambios normativos, pero non así a redacción dos programas, sendo responsabilidade do alumno/a estudar a materia correcta. Para evitar problemas, comprométese a Administración a que a EGAP terá en conta os posíbeis cambios normativos para a publicación dunhas guías o máis rápido posíbel

Ningún comentario:

Publicar un comentario