xoves, 5 de novembro de 2015

Novo sistema telemático de autocálculo da pensión de xubilación da Seguridade Social

A partir do día 5 de novembro está dispoñible na Sede Electrónica da Seguridade Social a nova aplicación para facer o autocálculo da pensión de xubilación. Ter un certificado dixital ou DNI electrónico facilita a obtención dos datos precisos para o cálculo.


Con este servizo, poderás efectuar un cálculo aproximado da contía da túa futura pensión de xubilación. Deberás introducir os datos que se che van requirindo, contando en determinados casos cunha opción de "axuda" con explicacións para o seu correcto enchemento.

De acordo cos datos introducidos, o sistema determinará:

  • O réxime de seguridade social polo que se recoñece a xubilación.
  • A base reguladora da pensión (que se calcula en función das bases de cotización introducidas polo cidadán; estas bases actualízanse automaticamente polo sistema co Índice de Prezos ao Consumo real para estimar unha xubilación ata dous anos vista e con índices do 2 % anual para estimar unha  xubilación a tres ou máis anos vista).
  • A porcentaxe aplicable á base reguladora (que se calcula en función da idade legal de acceso á xubilación ordinaria que en cada caso corresponda e do período de cotización acreditado).
Fontes de información

O servizo de autocálculo de pensión de xubilación opera exclusivamente cos datos que introduza o usuario, polo que en ningún caso o resultado que se obteña poderá xerar dereitos nin obrigacións en materia de seguridade social.

Como se sinalaba anteriormente, para o cálculo da pensión de xubilación debes introducir os teus períodos de alta na seguridade social así como as bases de cotización dos últimos anos, información que poderá obter previamente a través dun informe da vida laboral ou dun informe das bases de cotización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario