venres, 11 de decembro de 2015

286 comisións de servizo do persoal funcionario entre outubro e novembro de 2015

Achegamos a listaxe de comisións de servizo, prórrogas, adscricións e revogacións para o persoal funcionario da Xunta dos pasados meses de outubro de novembro. Descargar

Nestes dous meses, concedéronse un total de 78 novas comisións, a medio gas polo tanto, comparado cos meses anteriores. Con respecto ás prórrogas hai, nestes dous meses, 158, unha suba considerable tendo como referencia ás 48 en total do mes de setembro. Entre renovacións e novas, suman un total de 286. Polas datas de concesión dedúcese que isto obedece a que se están efectuando renovacións "sine die" até a data de resolución do concurso, algo que se seguirá producindo até... marzo, abril, maio, xuño?

A cuestión non é xa o tempo sen nova convocatoria pública da comisión, a cuestión é porque un posto pode ocuparse de xeito temporal baixo criterios arbitrarios cando ese mesmo posto para a súa ocupación definitiva ten uns criterios taxados e obxectivos. Iso por non falar de que non hai transparencia nin nas candidaturas presentadas a cada posto nin na puntuación outorgada. Para cando o concurso permanente? Por que non mentres tanto unha asignación das comisións de servizo en función da puntuación do último concursoo ou por que non comezar metendo un mínimo de criterios obxectivos de fácil baremación para a súa asignación como ten o persoal laboral? Á esta Xunta moderna, non lle interesa a obxectividade, senón a discrecionalidade.

Apenas hai unha revogación dunha comisión dunha xefatura de servizo de Pontevedra na APLU pero si é descatable unha vaga de adscricións provisionais que se está a utilizar fundamentalmente para cubrir xefaturas de servizo e subdireccións (5 do total das 11 concedidas). Habitualmente faise esto mentres se tramita a convocatoria formal da LD máis nalgunha ocasión queda deserta e se mantén esta situación durante máis tempo do estrictamente necesario.

Con respecto á calidade das prazas ofertadas e renovadas o ritmo é o seguinte:

- En novas comisións houbo 14 níveis dezaoito e 19 níveis vinte e cinco, similar aos meses anteriores.

- Prórrogas houbo uns 46 en níveis dezaoito e 41 níveis vinte e cinco. Aquí si que houbo un claro aumento, se temos como referencia só o mes de setembro anterior, cando se produciron 16 e 14 respectivamente. Enténdese que está condicionado pola resolución do concurso, tal e como explicamos anteriormente.

- Prazas de xefatura de servizo e subdirección. Aquí si que é unha coña que se produzan 10 nomeamentos de xefe/a de servizo e 11 de subdirector/a e que ademais se prorrogasen 10 e 1 respectivamente (unha delas leva máis de 2 anos en comisión). Lembramos tamén que se adscribiron provisionalmente, a maiores, 3 xefaturas e e 2 subdireccións. Ou sexa, un total de 23 xefaturas de servizo e 14 subdireccións andiveron con tomas de pose en comisión de servizos. O dito, por que non nomean directa e dilixentemente en LD? a resposta é sinxela: para apalancar o postos.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario