mércores, 27 de xaneiro de 2016

Baile de datas nos procesos pendentes da Función Pública: NOVO DICIONARIO "director xeral-galego"

Tómannos por gilipollas sería un bo resumo da última reunión informativa co director xeral da Función Pública. Supoñemos que para a organización dos congresos provinciais e autonómico do PPdG tomaranno algo máis en serio.

Poñamos só dous exemplos sobre as cuestións polas que máis nos preguntades: o concurso de traslados e as opos de corpos xerais. E por dous motivos, porque nestes procesos hai miles de persoas afectadas e son os únicos con tal volume que se moven, lentos aínda que agardamos que canto menos de xeito seguro.

Concurso de traslados

Sen irnos demasiado lonxe no tempo, unha semana antes falaba o director xeral de que en maio como moito estaba resolto, así facendo unha estimación das reclamacións que houbo nas últimas convocatorias; esto ante unha pregunta dun compañeiro que lle dicía 6 meses desde a publicación das listaxes definitivas e el dicía que iso era demasiado, que antes. Pois ben, na reunión do 22 de xaneiro xa non di tal prognóstico senón tan só que a baremación provisional estará a finais de febreiro e que para a toma de posesión descoñecen a data, que depende das reclamacións que teñan.

Tomándoo con un pouco de humor acudimos ao dicionario "director xeral-galego" e atención! Lemos que "a finais de febreiro" podería querer dicir "a mediados de marzo" e que "descoñecer a data" quere dicir "a ver que mandan desde arriba".

Oposicións

Onde vai só unha semana se remitía ao "primeiro semestre" e "non antes do 1 de abril" (como recollen as convocatorias) desta volta fala de maio-xuño "pero sempre antes de agosto." Atención á soberana parvada desto último; imos ver, se son en maio-xuño, o de agosto xa sobraba, non sendo que queira dicir que tamén poideran ser en xullo. "Probablemente" serán os de promoción interna antes que os de libre e que "depende de Silleda".

Esto de "depende de Silleda" casi habería que traducilo por "depende de cando se convoquen eleccións autonómicas que sempre quedan políticamente ben unhas fotos de milleiros de persoas ás portas de Silleda nuns procesos selectivos da Xunta".

E logo unha colección de desinformacións varias nos que fala de "estar a traballar" pero xa sen comprometer data algunha ou dar información concreta de como vai o traballo o do motivo do seu atraso, como o caso dos temarios da EGAP ou o concurso permanente. E logo veñen os prazos das "semanas", "vindeiras" ou "unha ou dúas" que logo se converten en meses, a aplicar para as intrucións de vacacións, permisos e licenzas, para a modificación do decreto de listas e os borradores das oposicións de escalas.
De coña.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario