venres, 27 de maio de 2016

Concurso xeral: falan xa de tomas de posesión en setembro; exames de oposicións en xullo

Comeza xa a recoñecer o director xeral da Función Pública a posibilidade de que a toma de posesión do concurso xeral sexa en setembro, algo que xa era un ruxe-ruxe dende vai case 2 meses. Argumenta que esta medida evitaría moitos problemas organizativos cos cadros de vacacións. Tamén comenta que o atraso no tema da comisión de valoración débese a que estiveron sen xefe de servizo até vai dous días... en fin. A realidade é que xa vai máis dun ano que se convocou este concurso.

Máis cachondeo hai aínda co concurso do persoal laboral (grupos IV e V) que vai agora e di que "antes do verán" van mandar as bases cando a semana pasada era "nos próximos días". Xa non digamos cos concursos doutro persoal que, ou andan atascados na resolución, como no CIXTEC, ou directamente xa non se convocan como no persoal funcionario de corpos especiais ou escalas. E que foi daquela promesa do concurso permanente? Cero responsabilidades.

Ante a inconstancia nas últimas previsións das datas das oposicións de persoal funcionario de acceso libre, asegura que os primeiros exames se van convocar en xullo. De feito, no DOG do 27 de maio publícanse os nomeamentos dos tribunais. Neste caso, vai facer un ano en xuño que se convocaron estes procesos selectivos e con continuos cambios nas previsións dos primeiros exames, dificultando así a súa preparación.

Respecto da promoción interna de persoal funcionario, de momento, seguen tamén coas datas probables dos segundos exercicios en xullo: para  subgrupo C1 (1ª quincena) e ao subgrupo A2 (2ª quincena). Iso si, do A1 e C2 non adiantaron nada, o cal tampouco facilita a súa preparación. Pero tendo en conta a longa traxectoria destes procesos, isto é pouca cousa para o que ten habituado ao persoal.

Un pouquiño de seriedade por favor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario