venres, 13 de maio de 2016

O correo corporativo da Xunta será @xunta.gal a partir do 17 de maio

Aviso do CAU para o persoal que teña unha conta @xunta.es

A migración a .gal do correo corporativo é un dos obxectivos sinalados para 2016 no Plan para a migración dos portais e servizos da Administración pública galega ao dominio .gal.

O vindeiro martes 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, este cambio farase efectivo para todas as contas de correo corporativo da Xunta de Galicia.

Así, a partir desta data todos os correos enviados desde contas que ata agora eran @xunta.es xa o farán como @xunta.gal.

En todo caso, seguirá funcionando a recepción dos correos que se envíen ao dominio anterior, co que se recibirán indistintamente os remitidos tanto a @xunta.gal como a @xunta.es


O acceso tanto á sesión do ordenador como a https://correoweb.xunta.gal  seguirá funcionando cos actuais sistemas de acceso:

1.       Usando o nome curto de usuario, asociado a súa conta de usuario. Este é o método suxerido.  Se non coñece cal e o seu nome curto de usuario, pode consultado no propio portal do correo web, no apartado:
Opcións -> Cambiar o seu contrasinal -> Dominio ou nome de usuario.

2.       Ou mediante a conta de correo orixinal baixo o dominio @xunta.es . No caso de optar por este método é importante que teña en conta que deberá seguir empregando, transitoriamente, a conta de correo orixinal @xunta.es.

Se necesita máis información sobre como acceder ao seu equipo e ao correo web logo do cambio pode obtela nesta páxina da Intranet.

Ningún comentario:

Publicar un comentario