martes, 7 de xuño de 2016

Comisión de Permisos, Licenzas e Vacacións. Xuntanza do 6/6/2016

En primeiro lugar manifestan que o horario de verán para o persoal que o pode gozar é dende o día 16 de xuño ata o día 15 de setembro será publicado hoxe ou mañá nos mesmos termos que o do ano pasado. Segue o agravio comparativo coa Administración Xeral do Estado, ao non querer incorporar a Xunta os avances da Resolución de 25 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado deAdministracións Públicas (BOE 10/12/2015). Por outra banda, deixan de novo fóra, sen ningún tipo de compensación, ao persoal que traballa a quendas, dobremente puteado xa cos seguintes apartados:

1º.- Interpretación das “X” en Política Social e das “H” en Medio Rural


Función Pública manifesta que non considera as “x” e as “h” como días hábiles, polo que se teñen que contar para ás vacacións como si foran días de traballo normais.

A CIG manifesta que se da o paradoxo de que si se traballa eses días non se vai a traballar, pero si se está de vacacións si. As interpretacións de función pública son totalmente surrealistas.

2º.- 24 e 31 de decembro

Manifestan que o persoal a quendas non ten días a maiores de asuntos particulares por estes días, soamente terán un día máis no caso de que se traballe.

A CIG manifesta que isto é o non vai máis da discriminación a un persoal con respecto a outro, xa que é tan inxusto que o día que anuncian o horario de verán, ao persoal a quendas se lle recorta o dereito a gozar dos días 24 e 31 de decembro, case como se foramos apestosos.

Dende a CIG preguntamos tamén pola nota de réxime interior de Ourense, onde dí que ningún persoal dos centros terá dereito aos 8 días de asuntos particulares, e rizan o rizo contestando que o persoal de oficina dos centros sí o outro persoal, aínda que traballe de lúns a venres en horario de mañá non (sen comentarios xa....)

3º.- Días por falecemento de un familiar no estranxeiro

Función pública dí que nestes casos vai a dar dúas opcións:

    Coller os días seguidos ao feito causante
    Coller os días cando chegue do estranxeiro no caso de que sexa aquí o soterramento.

4º.- Interpretación vacacións días hábiles para Axentes Forestais


Consideran, como non podía ser doutro xeito (modo retranca on) que os únicos días que son inhábiles para o computo das vacacións son os dous días de descanso semanal, os outros días cóntanse, se traballe ou non.

Despois de moito discutir Función Pública dixo que nos contestaría por escrito a estas cuestións no caso de que cambiara de opinión.

Na mesa tamén se manifestou que as instuccións din o que din e que todas as organizacións sindicais estaban de acordo con elas xa que se abstiveron, excepto a CIG QUE VOTOU EN CONTRA.

Novas relacionadas:



Ningún comentario:

Publicar un comentario