venres, 17 de xuño de 2016

Unha relación de postos de traballo con 79 postos dos cales 77 son por libre designación

Incríbel pero certo, falamos do Consello de Contas, ou máis ben debéramos dizer Consello de Contos vendo o caso que lle fai a súa propia lei de creación que di que o sistema ordinario de cobertura será o concurso; específico si, pero concurso ao fin e ao cabo. 

No DOG do 13 de xuño, o único ordinario que vemos na súa recente publicada RPT son os postos de libre designacións (77 de 79) e o extraordinario son os postos por concurso (2 de 79). De feito, chéganse a cubrir por libre designación postos que nas Administracións tanto estatal como autonómica ou local soen ser por concruso, como son todos aqueles inferiores a nivel 28, onde o a RPT do Consello de Contas inclúe por libre designación ata a totalidade dos 18 postos de "auxiliar administrativo/a", nivel 16.

O caso é que non estaría de máis poder ter mobilidade profesional neste órgano institucional (ou noutros) xa que os postos está abertos a persoal funcionario de todas as Administracións territoriais e os complementos específicos son bastante superiores aos da Xunta de Galiza. Poderíamos falar tamén de subir os específicos da Xunta, mais canto menos deberíamos falar da mobilidade profesional real e obxectiva, vía concurso, e xa postos dos convenios de reciprocidade entre Administracións.

Iso por non falar, no eido político, de racionalizar o número de LDs para aumentar a independencia do persoal na fiscalización e control da corrupción. Pero ese é xa outro conto...

Ningún comentario:

Publicar un comentario