martes, 13 de decembro de 2016

COMO PRESENTAR RECLAMACIÓN A EXENCIÓN DA TRIBUTACIÓN DA PRESTACIÓN POR MATERNIDADE NO IRPF

Achegamos información detallada que pode ser de interese sobre como presentar a reclamación de dereito á exención da tributación da prestación por maternidade por IRPF.

PREVIO:

1º.- O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (Sentenza da Sala do CA de 6 de xulho do 2016) determinou, nun caso concreto, que a prestación de maternidade que satisfai a seguranza social está exenta do IRPF, criterio contrario ao aplicado pola Axencia Tributaria.

2º.- A sentenza do TSX de Madrid non senta xurisprudencia e, por tanto, non obriga a Axencia Tributaria a adoptar ise criterio: só é válido para o caso concreto axuizado.

3º.- Pra que ise decisión do xulgado de Madrid fose extensíbel a todo o Estado ou a Axencia Tributaria muda o seu criterio, a respeito da tributación das prestación por maternidade, ou o Tribunal Supremo se pronuncia no mesmo senso que o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. Mentres non concorra algumha disas dúas circunstancias segue existindo, na práctica, a obriga de tributar ao IRPF polas prestacións de maternidade.

4º.- A Axencia Tributaria xa se ten pronunciado sobre a obrigatoriedade de tributar ao IRPF as prestacións por maternidade satisfeitas pola SS. Literalmente: 

Polo tanto, as retribucións satisfeitas en forma de prestación por maternidade satisfeitas pola Seguridade Social deben cualificarse como rendementos do traballo, de acordo co que se dispón na letra a) do apartado 2 do artigo 17 da Lei 35/2006, de 28 de novembro do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio, que establece que, en todo caso, teñen a consideración de rendementos do traballo as prestacións percibidas dos réximes públicos da Seguridade Social, non sendolle de aplicación ningún dos supostos de exención previstos na Lei 35/2006.

CRITERIOS DE ACTUACIÓN PRA QUEN DESEXE RECLAMAR:

1º.- Persoas que xa tenhan declarado, no IRPF dos últimos 4 exercicios (2012 a 2015), as prestacións por maternidade:

a) Presentar, perante a Axencia Tributaria, umha solicitude de rectificación da autoliquidación do IRPF do exercicio/s no que se declarase/n a/s prestación/s por maternidade: https://www.agenciatributaria.gob.es/AEAT.sede/tramitacion/GZ28.shtml

b) Se, percorridos 6 meses desque se formulou a solicitude de rectificación, non houber resposta da Axencia Tributaria, entenderase desestimada a solicitude de rectificación, por silenzo.

c) Desestimada por silenzo, quen o desexe disporá de 1 mes mais (6 meses pra respostar e 1 mes pra recorrer) para interpor Recurso de Reposición ou Reclamación Económico Administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo de Galiza (un ou outro, non os dous) contra tal desestimación por silenzo, a reclamar que se rectifique a Declaración da Renda na que se declararan as prestacións de maternidade, alegando os razoamentos do TSX de Madrid (Niste trámite é no que habería que acodir á Asesoría Xurídica).

d) Se, pola contra, a Axencia Tributaria resolve expresamente a rectificación, desestimándoa, quen o desexe disporá de 1 mes mais (dende o día no que recibiu a resolución desestimatoria) para interpor Recurso de Reposición ou Reclamación Económico Administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo de Galiza (un ou outro, non os dous) contra tal desestimación, a reclamar que se rectifique a Declaración da Renda na que se declararan as prestacións de maternidade, alegando os razoamentos do TSX de Madrid (Niste trámite é no que habería que acodir á Asesoría Xurídica).

2º.- Pras persoas que tenhan que declarar no exercicio 2016 (durante o 2017) no IRPF as prestacións por maternidade:

a) Presentar a Declaración da Renda de 2016, durante o período oportuno do 2017, tributando polas prestacións de maternidade percibidas durante o 2016. Quen non tribute polas prestacións, arríscase a que a AT lhe faga umha declaración paralela e lhe imponha a correspondente sanción por falta de tributación (xa dixemos que a AT non reconhece o dereito á exención).

b) Rexistrada a Declaración da Renda de 2016, debe presentarse, perante a Axencia Tributaria, umha SOLICITUDE DE RECTIFICACIÓN DA AUTOLIQUIDACIÓN DO IRPF do exercicio no que se declarase a prestación por maternidade: https://www.agenciatributaria.gob.es/AEAT.sede/tramitacion/GZ28.shtml

c) Se, percorridos 6 meses desque se formulou a solicitude de rectificación, non houber resposta da Axencia Tributaria entenderase desestimada por silenzo a citada solicitude de rectificación.

d) Desestimada por silenzo, ao vencimento do 6º mes, quen o desexe disporá de 1 mes mais para interpor Recurso de Reposición ou Reclamación Económico Administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo de Galiza  (un ou outro, non os dous) contra tal desestimación por silenzo, a reclamar que se rectifique a Declaración da Renda na que se declararan as prestacións de maternidade, alegando os razoamentos do TSX de Madrid (Niste trámite é no que habería que acodir á Asesoría Xurídica).

e) Se, pola contra, a Axencia Tributaria resolve expresamente a rectificación, desestimándoa, quen o desexe disporá de 1 mes mais (dende o día no que recibiu a resolución desestimatoria) para interpor Recurso de Reposición ou Reclamación Económico Administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo de Galiza (un ou outro, non os dous) contra tal desestimación, a reclamar que se rectifique a Declaración da Renda na que se declararan as prestacións de maternidade, alegando os razoamentos do TSX de Madrid (Niste trámite é no que habería que acodir á Asesoría Xurídica).


Novas relacionadas:


Ningún comentario:

Publicar un comentario