xoves, 11 de maio de 2017

Comisións de servizo de persoal funcionario na Xunta en abril de 2017

Achegamos os datos das adscripcións, comisións e prórrogas deste pasado mes de abril; revogacións só houbo unha, en Lugo. Descargar listaxe.

O número de comisións segue nunha tónica numérica parecida a meses anteriores: 71 novas comisións, 65 prórrogas e 8 adscricións. Porén, dentro das prórrogas xa hai persoal que se achega a máis de tres anos ou os supera, como un posto nivel 25 en Ourense que leva 5 anos ocupado pola mesma persoa. Recordamos que salvo en "non vacantes", o prazo máximo é de 2 anos. Outra cousa é que logo se produzan cruces de comisións e/ou comisións encadeadas.

Agora din que van sacar concursos cada 6 meses e que os van resolver en 3 meses, que xa fixeron cambios informáticos... o caso é que non avanzan prazos de para cando e levamos escoitando a mesma canción durante anos. E de todos os xeitos quedarían por regulamentar o das comisións de servizo en prazas non vacantes. En calquera caso, benvidos sexan os "concursos permanentes".

Ningún comentario:

Publicar un comentario