mércores, 5 de novembro de 2014

A CIG solicita a dimisión de Beatriz Mato por exclavismo e crueldade laboral

Beatriz Mato, a conselleira que acepta regalos de empresarios, imponlle ao persoal laboral das residencias de maiores, centros de menores e Benestar social unhas condicións laborais de escravitude e de crueldade física e psicolóxica.

 

Desde a CIG de Traballo e Benestar da Coruña solicitamos a dimisión dunha conselleira que prioriza a súa vida social e mundana e despreza a situación das traballadoras e traballadores de atención directa dos servizos sociais e dos usuarios destes centros.


A situación do persoal laboral en Traballo e Benestar é calificada polos represetantes sindicais da CIG como "o colectivo máis castigado polos recortes e roubo de dereitos conqueridos historicamente, dentro do persoal laboral da Xunta. As traballadoras e traballadores das residencias da terceira idade dos entros de menores, todos os que estamos en atención directa e facemos quendas de traballo somos tratados como parias exclavizados, pola conselleira Beatriz Mato".


As quendas de traballo nos nosos centros de atención a persoas maiores e a menores teñen secuencias  de 7 días continuados de traballo con 3 noites consecutivas ,librando un de cada 3 domingos, e non hai unha regla que regule a libranza de festivos polo que se están a traballar a maioria deles, coa posibilidade de ter que traballalos todos e sen nengun tipo de compensación. 

Pero analizando polo miudo este oscuro panorama aínda resulta máis cruel. Podense dar quendas de 12 ou mais días con unha compensación por festivo anual ( día por día,dásenos un día normal de semán por un festivo) co fin maquiavelico de rachar esa secuencia longa antes mencionada.Saímos de unha noite por exemplo de venres ás 8 da mañá do sábado e entramos o luns ás 3 da tarde e a empresa considera que estas a librar o fin de semán.
Eliminanse as compensacións que se regulaban no nóso convenio do 75% en horas a maiores por traballo en domingo ou festivo e tampòuco teñen compensación algunha económica.
Tamén secuestran o dereito a librar 2 días continuados quedando en só en 1 1/2.

Sinalar que a carga de traballo desta Consellería ten un compoñente físico importante e un psicoloxico aínda maior polo que os tempos de desconexión son insuficientes minando aos traballadores-as tanto fisica como mentalmente.

Esta carga de traballo aumenta considerablemente pola negativa deirecta de Beatriz Mato a cubrir as baixas que se producen nos centros de atención directa co que os departamentos de enfermería, limpeza, cociña e ordenanzas sempre están baixo minimos con carencia de persoal e tendo que suplirse doblando xornadas e sobrecargandose de traballo o escaso xa persoal en activo. Nos postos de traballo cunha persoa sola como son animación sociocultural, terapeuta ocupacional, fisioterapia, médico, asistente social ou psicologo xa nen esta posibilidade existe xa que de ausentarse o titular por vacacións ou baixa o servizo queda totalmente descuberto ao non cubrirse por persoal sustituto co que os usuarios poden quedar durante meses sen estas prestacións imprescindibles para a súa calidade de vida.

Todo isto supón un aumento virtixinoso das ITs tanto por accidente laboral como por enfermidade común,que agora teñen unha merma no salario xa esquivo de por si.os traballadores en moitas ocasións van ao choio enfermos e no caso de algunha enfermidade infecto-contaxiosa como pode ser unha simple gripe pode crear problemas de difusión da enfermidade dentro da mesma institución entre residentes  e traballadores.Lembrar que un grupo V non acada os 1000 euros, polo que o desconto aplicado por dias de baixa é insostible para unha económia familiar con estes ingresos.

Mentras Beatriz Mato, aplica este tipo de medidas con absoluto desprecio, xa que é coñecedora das consecuencias da súa nefasta xestión pero á conselleira esta mais interesada en bolsos, pases de modelos e actos mundanos que en resolver as carencias e graves problemas dos centros de atención directa (Residencias da Terceira Idade, Centros de Menores, CAPD e Escolas Infantis).

É mais indignante comprobar como no SERGAS,  cobrase o traballo por domingo e festivo,traballan un número de horas inferior ,e as persoas que traballan de noite teñen un  coeficiente reductor horario en función do nº de horas nocturnas o que ven a supor máis descanso.Ouseña  noutra consellería da Xunta si é posible traballar nunhas condicións minimas de dignidade laboral e atención aos usuarios mentras en Traballo e Benestar todo é desidia, inoperancia, prepotencia e imposición por parte da conselleira Beatriz Mato e os directivos a dedo que ten nomeados para xestionar os centros de atención directa. Directivos que calan e otorgan ante unha situación que saben é insostible, inxusta, perversa e ultraxante.

Na Consellería de traballo e Benestar curiosamente,o que xa parece Berlanguiano, carecemos de conciliación familiar, as xornadas impostas por Beatriz Mato impiden que durante meses se poida disfrutar dun festivo ou dun domingo en familia, recurrindo ao compañerismo para poder asistir a algun acto deses nos que tanto lle gusta lucir a Beatriz Mato (bodas, bautizos e eleccións de misses da terceira idade).

A CIG solicita a dimisión de Beatriz Mato e a inmediata revocación da súa imposición de quendas de traballo nos centros de atención directa abrindose un proceso real de negociación para o ano 2015 e dotando a estes centros de todo o persoal necesario para que os usuarios poden ter uns servizos públicos de calidade e adecuados as súas necesidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario