martes, 19 de agosto de 2014

Aumenta o lucro privado na atención ás persoas maiores

A CIG denuncia que se dedican 2,7 millóns de € para a xestión privada de residencias de maiores, mentres os centros públicos sufren continuos recortes.

Beatriz Mato publica hoxe no DOG os convenios con residencias privadas mentres manten en ceo o incremento de prazas en residencias públicas da Xunta de Galiza.



O DOG do LUNS 18 DE AGOSTO DE 2014, publica o anuncio de contratación de xestión de servizos públicos para a reserva e ocupación de prazas residencias para persoas maiores en centros privados en diversos concellos de Galicia. O orzamento da licitación é de 690.044 euros que supon a ampliación dos concertos con residencias privadas e supón un desembolso do erario público, isto é dos cartos de todos os cidadans, de 2,7 millons de euros no ano 2014.


Beatriz Mato, esta finalizando durante este verano de 2014,  a folla de ruta de traspaso ás empresas privadas da atención ás persoas maiores en situación de dependencia e que necesitan o seu ingreso nunha residencia de maiores. En pleno mes de agosto a consellería de Traballo e Benestar pública unha resolución pola que se engorda a subvención para prazas en residencias privadas, de tal xeito que queda no olvido a creación de prazas en residencias públicas, nas que dende o 16/11/2007 que se inaugurou a Residencia de Maiores de Volta do Castro en Santiago non se levou adiante nengún incremento de vacantes, co que se consolida durante todo o mandato de Beatriz Mato a política de incremento cero en prazas para persoas maiores en residencias da Xunta de Galicia. Engordandose o lucro e beneficio de empresas privadas no negocio de atención ás persoas maiores e facendo imposible que as residencias públicas poidan atender a demanda de miles de persoas dependentes que reclaman ser atendidos en centros públicos. 


 Beatriz Mato consolida un modelo de atención ás persoas maiores onde as empresas privadas poden facer o seu negocio, neste caso o seu agosto e nunca mellor dito, pola coincidencia coa data de publicación das "axudas á xestión privada". Contrasta este afan privatizador de desvio de fondos públicos para subvencionar prazas de persoas maiores en residencias privadas,  cos severos recortes nos orzamentos dos centros públicos que chegan xa ao 50% na minoración de gastos de manutención, renovación de maquinaria ou gastos corrientes (cueiros, material de limpeza e mantemento,etc). Recortandose tamén o persoal de atención directa nas residencias de persoas maiores (supresión de prazas, non cobertura de baixas e vacantes) o que imposibilita cada vez en maior grado que os usuarios dos centros da Xunta de Galicia poidan ser atendidos por profesionais en condicións óptimas e en número suficiente para prestar un servizo de calidade e de xeito que os dereitos destes usuarios se vexan garantidos sen estar a merced da iniciativa empresarial privada con animo de lucro, ao que son derivados por falta da residencias públicas. Os nosos maiores non se poden convertir nun negocio para buscar beneficios comercias.

Por todo iso, dende a CIG de Traballo e Benestar-A Coruña,  rexeitamos PUBLICAMENTE a política de Beatriz Mato de entregar recursos públicos a empresas privadas, coa única xustificación creada pola propia conselleira de Traballo e Benenstar isto é que non hai prazas pública suficientes e si non as hai é porque ela mesma evitou que as houbese, o que convirte a Beatriz Mato na principal responsable da NON EXISTENCIA DE PRAZAS SUFICIENTES EN RESIDENCIA DE MAIORES PARA ASI XUSTIFICAR O DESVIO AS RESIDENCIAS PRIVADAS DAS PERSOAS MAIORES CON DEPENDENCIA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario