venres, 21 de novembro de 2014

Chega o aguinaldo para os medios de comunicación

A Xunta publica no DOG o reparto de axudas para medios de comunicación en xeral e para publicacións editadas integramente en galego. O reparto ascende a 1,9 millóns de euros distribuídos entre 38 empresas.


O 14 de marzo publicábase no DOG a convocatoria destas axudas por valor de 1.135.000 €. Nin dous meses despois, unha ampliación de crédito por valor de 540.000 € (o 47% do crédito inicial). En total, 1.675.000 € para este ano, mentres que o ano pasado foron destinados 1.550.000 €. Esta ampliación foi polémica de por si pois chegou en plena campaña das eleccións ao Parlamento Europeo.

Nótase a recuperación económica, aínda que como vemos, unhas persoas o notan máis cedo que outras, mentres nos, como a maioría da cidadanía, seguimos recortados e temos que ver noticias como estas. É vergonzoso que nunha política que din de "asuteridade", primen gastos como estes, vergonzoso e hipócrita. Austeridade si, pero para os servizos públicos; para a casta non hai austeridade.

Non estamos decindo que todos os medios subvencionados estean comprados con estes cartos, pero está claro que o Goberno gusta ter o seu favor e demostrado esta que o ten demasiado a miudo, salvo casos fragantes. Resulta tamén chamativo a cantidade de axudas que reciben certos medios, a pesar dos despidos, ou a abraiante diferencia de subvención entre os medios que escriben en castelán ou íntegramente en galego (ata 9 veces).

O pico do iceberg

En canto ao desvío polémico de cartos para os medios de comunicación, estas axudas son só o pico do iceberg. A estas cantiadades temos que sumarlle todos os convenios de "colaboración" e distintos contratos das distintas consellarías.

Recentemente citábamos no noso blogue os seguintes convenios cos medios:
Estes convenios non teñen máis colaboración de que a consellaría paga e o medio publica o que esta lle manda, ou sexa, que non deixa de ser un contrato de publicidade encuberta.

Por outro lado temos os anuncios e campañas que teñen pouco de informativas e moito de botafumeiro. Destacamos neste caso a polémica campaña de Traballo e Benestar que pretende animar “o espírito reproductor”

Ningún comentario:

Publicar un comentario