mércores, 26 de novembro de 2014

Convocatorias dos concursos de traslados máis próximas?

Informou o director xeral da Función Pública na Mesa Xeral do 21 de novembro que convocaría aos sindicatos a unha reunión sobre: concurso de persoal laboral,  modificación de categorías laborais do V Convenio e concurso de Administración xeral. A xuntanza será antes do 10 de decembro. 

Desde o 1 de abril houbo na Xunta un total de 809 resolucións de comisións de servizo e 308 resolucións de prórroga. Dos datos de resolucións inciciais, un total de 362 foron para postos en Compostela e desas 809 resolucións, 88 foron para niveles 28 e 30. Dos datos de prórrogas, un total de 147 foron para postos en Compostela e 90 destes 362 postos foron niveles 28 e 30.

Ben é certo que neses datos de comisións están todos os postos de persoal funcionario (incluído escalas e Administración especial) se ben a gran maioría son de Administración xeral. Está demostrado, tamén con datos, que despois da resolución de calquera concurso, dispáranse as comisións de servizo, pero é que ademais esto vaise sostendo no tempo a base de renovacións e comisións encadeadas, que chegan mesmo aos niveles 28 e 30 nos que as comisións de servizo deberan ter unha utilización residual tendo en conta o seu sitema de cobertura.

Solicitámoslle recentemente que puxera os medios necearios para cumprir a frecuencia de convocatoria que marcan a lei e o convenio colectivo e en todo caso, que achegase unha estimación de "para cando" os vindeiros concursos de traslados, así como o detalle das imposibilidades que lle impidan dar cumprimento á norma. Convén recordar que os concursos de traslados son un dereito, un dereito de mobilidade pero hoxe por hoxe a única esperanza de promoción profesional obxectiva que temos na Xunta


Porque unha Administración é moderna non polo moito que castiga ao seu persoal, senón polo ben que o trata. E para tratalo ben, simplemente ten que garantir e fomentar o exercicio dos seus dereitos, e nestes dereitos tamén están a mobilidade e a promoción profesional.

Cremos que está xustificada a necesidade dos concursos permanentes na Xunta, pois non só serían bo para nós, como traballadoras e traballadores públicos, senón para a organización da propia Xunta e para a cidadanía que consigue un servizo máis profesional e independente. Por iso, porque temos razóns de sobra, seguimos demandando a convocatoria inmediata de novos concursos de traslado e a negociación dun novo Decreto de provisión e implantación dos concursos de traslados permanentes.




Ningún comentario:

Publicar un comentario