luns, 10 de novembro de 2014

Enchufando á xente sen oposición en postos directivos

O de que o PP busca racionalizar as Administracións é algo que os que estamos dentro sabemos que resulta mentira. O que pretenden é desprofesionalizalas, ou seña, reducir o persoal que entra por oposición ou concurso-oposición, e aumentar o persoal que entra a dedo.

Para máis inri, dese persoal que entra a dedo, aproveitan agora a figura do "persoal directivo" creado no artigo 13 do EBEP e que aparece desenvolto na nova lei de emprego público. Pero o peor é que chegan mesmo a extendelo de xeito ilegal para cubrir postos que nin a lei lles permite. Estes é o caso, aquí en Compostela, do posto de Dirección do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), tamén de dirección, do Centro Galego de Arte Contemporanea (CGAC).

Ambos centros veñen definidos no seu Decreto de estrutura como Administración xeral e polo tanto aquí non cabe persoal alleo á Administración. Sí poderían metelos nunha Axencia, nun Consorcio, nun ente público... pero non en Administración Xeral, tal e como recolle  o artigo 60 da LOFAXGA.

A CIG denunciou no seu momento, cando se creou o CRI, e presentou o correpondente recurso contencioso-administrativo. Desta volta, e a raíz da publicación da convocatoria do posto de Dirección do CGAC presentou tamén o oportuno recurso fundamentado nos mesmos aspectos xurídicos.

1 comentario:

  1. Os compañeiros de Sanidade creo que tamén poderían engadir uns cantos postos que según RRHH eran un erro no directorio telefónico. Supoño que iso acabará na fiscalía.

    ResponderEliminar