luns, 29 de decembro de 2014

A realidade sobre a Xunta que descoñece a cidadanía: o malestar dos centros públicos da área de Benestar

Señor Director de BLOG cig san caetano,

Quero transmitirlle un sentir que penso é colectivo dos traballadores da área de benestar dependente da conselleria que dirixe doña Beatriz Mato. Refirome as condicións laborais ás que se someteu nestes últimos anos ao persoal de atención directa en Residencias de Maiores, Centros de Menores, Escolas Infantis e Centro de Atención a Persoas Discapacitadas da Coruña. Estas traballadoras, maioria de mulleres en todos os centros, traballan quendas de sete días consecutivos sen descanso, non teñen compensación por traballar un domingo ou un festivo e durante case todo o ano traballan dous domingos seguidos e dos catorce festivos non chegan a librar nen a metade. Imposible facer efectiva a conciliación laboral e familiar que a tanto bombo e platillo anuncia todos os días doña Beatriz Mato.

A pesar das bonitas palabras da conselleira de Traballo e Benestar a realidade é moi distinta a pé dos centros de Benestar. Persoal de baixa ou de ausencia xustificada, que queda sen cubrir polo que hai que doblar quendas ou deixar os servizos descubertos. Alto indice de siniestralidade laboral; accidentes, incapacidades, estres. Escasez de medios e material ata extremos de verdadeira indixencia; cueiros que non chegan para facer os cambeos necesarios, camas  inadecuadas ás necesidades dos residentes, gruas obsoletas, roupa de cama ou de baño fora de uso pero que hai que seguir utilizando porque non hai suficiente. Todo o que acumula unha carga de traballo insoportable no día a día do persoal e repercute negativamente na calidade de vida dos usuarios dos centros. Non o esquezamos persoas maiores e nenos que necesitan mais medios e coidados que un "aparcadeiro".

Querer solucionar esta situación non é gastar en propaganda e festas de mises da terceira idade. É dedicarlle cartos para dotar de persoal suficiente de atención directa a estes centros, é invertir o necesario en medios, material e mellora das instalacións. Señor director de BLOG CIG SAN CAETANO, que os cidadans coñezan esta situación é un paso moi grande para que as palabras bonitas se acompañen de feitos e realidades. O persoal de Traballo e Benestar queremos que se sepa e os usuarios necesitan solucións.

Xan Carlos Ansia Rodriguez
Presidente do Comité de Empresa de Traballo e Benenstar da Coruña

Ningún comentario:

Publicar un comentario