xoves, 11 de decembro de 2014

Comisións de servizo: publicidade das resolucións e outros cambios

Seguimos tamén petando no despacho do director da Función Pública para ver se recibe ao Grupo de Traballo das Comisións de Servizo creado no seo da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais e corrixe certas irregularidades que nos achegades.

Quen máis quen menos admite que nas comisións de servizo na Xunta é necesario facer cambios; ata o director xeral de Función Pública chegou a insinuar un posible cambio nas normas actuais. Porén, con que non se burlasen as que xa existen sería un gran avance: non se respecta a preferencia do centro de traballo, non se motivan, fanse trapicheos coas comisións cruzadas, cando non se excede do tempo máximo...

Boa parte destes problemas non existirían de existir concursos de traslados permanentes. Pero claro, sacan o concurso cada 3 anos, con sorte, a xente pasa 5 anos mínimo no mesmo posto e logo "hai que buscarse a vida" se queres moverte ou promocionar. E claro, a Administración encantada de xestionar a cobertura de postos de concurso como se de libre designacións se trataran; en principio temporalmente pero, cando falamos de 2 ou 3 anos, pois xa a temporalidade semella permanencia comparado co que existe por aí adiante.

Porén, non hai que irse tan lonxe. O persoal laboral da Xunta resolve as súas adscricións temporais e de superior categoría repectando a preferencia na antigüidade no primiero caso e da antigüidade e pertenza ao centro no segundo, así como as limitacións temporais de 1+1 ano e 6 meses, respectivamente.

Outro aspecto que chama a atención, que demandamos a Función Pública e que tampouco é pedir tanto, é a motivación nas resolucións. O da motivación semella obrigado nunha resolución de carácter discrecional como son as comisións de servizo; de feito temos casos de xente da CIG que recurriu e a Xustiza lles deu a razón. Un caso de persoal do mesmo centro e grupo superior que lle daban a comisión a unha persoa que viña de fóra e dun grupo inferior e outro dunha persoa que estaba en adscrición temporal sen posto e lle daban a comisión a outra persoa que xa tiña un posto en propiedade. En ambos casos a Xustiza apreciou que a Administración non motivaba o por que llo daban aos outros candidatos.

Pero complexo resulta que nos fagan caso na motivación, non sendo a golpe de sentenza xudicial, polo que é moi importante que defendamos os nosos dereitos fóra dos despachos, fóra da Xunta, e nestes casos personalísimos, acudindo a Xustiza.

Igual de complexo resulta que nos fagan caso na publicidade das resolucións: quenes se presentaron, que puntuación tivo cada quen, a quen lle dan finalmente o posto e en base a que (como dicíamos antes). Pois ben neste aspecto, Función Pública non contesta. Quen si nos contestou foi a Axencia de Protección de Datos que di que como non hai norma que o ampare, non se poden facer públicos estes datos sen sometelos á protección da Lei Orgánica de Protección de Datos (garantir dereitos de acceso, oposición, rectificación...). Porén, o que si podemos é publicar datos de postos que se repiten sempre como o allo, ou datos de carácter estatístico.

Comisións de servizo e adscrición do persoal funcionario do mes de novembro

Con respecto á pura estatística baixaron neste mes con relación ao anterior: con respecto ás novas resolucións temos 64 comisións por 72 no mes de outubro. En prazas de nível 25, por exemplo, temos neste mes 12 por 16 no mes anterior. LD´s (níveis 28 e 30) temos neste mes 14 novas xefaturas de servizo e unha subdirección en comisións  por só 6 no mes anterior, nisto si que hai un pequeno aumento. Continuamos na etapa de estabilidade post-concurso...

Con respecto ao resto dicir que hai 39 prórrogas por 62 no mes de outubro, similar a setembro que houbo 44. Adscricións e revogacións non hai datos de incremento ou descenso significativos.

1 comentario:

  1. Ola, dende que se resolveu o derradeiro concurso dos corpos xerais, sairon máis de 1200 comisións de servizo, non todas son vacantes, pero aproximadamente hai máis da mitade, mais de 600 prazas, sería un gran concurso si o sacarán xa ahora, e como ten que ser concurso aberto e permanente, pero Función Pública, ten un gran dilema, que esto non o quere, o que quere e una administración clientelar, donde os traballadores sexan unha especie de súbditos que deban favores, enton como se fai esto, pois a través das comisión de servizo de das libre designación. O dito non hai vontade para facelo dende o goberno actual, aver cando son as vindeira elección e se teñen malos datos para renovar a mayoría absoluta o goberno de turno igual temos sorte e nos agracian con un concurso un pouco legal ou unha promoción interna como deberá ser. Saúdos.

    ResponderEliminar