mércores, 17 de decembro de 2014

O que se move e o que non se move: Mesa Xeral do 15 de decembro

Ollando o resultado da última Mesa Xeral vemos claras as prioridades en materia de Función Pública que ten a Xunta: amortizacións de postos, ordes de integración dos chiringuitos e pluses salariais para algún deste persoal.

Tratáronse dúas modificacións de RPT: a de Industria e a do IGVS (esta máis profunda). No fondo subxace a mesma idea: amortizar postos por abaixo para crealos por arriba e continúan a invertir a pirámide dos recursos humanos propios. En Industria amortizan 6 postos e crean 2 (de feito, un destes é un novo posto de asesoría xurídica nivel 30). No IGVS amortizan 48 postos e crean 22.

Tratouse tamén un acordo de negociación colectiva do INEGA que propón que o seu persoal se adhira ao convenio do persoal laboral da Xunta pero conservando, en certos casos, pluses e ata 12.000€/ano. Tendo en conta que o INEGA non está dentro do ámbito desta Mesa Xeral, parece que utilizaran esta xuntanza para lexitimar este tipo de manobras. De feito, nin teñen en conta que o que propoñen é contrario ao convenio nin tampouco que a integración do persoal fixo dos chiringuitos ten que cumprir uns requisitos mínimos de "igualdade, mérito, capacidade e publicidade" tamén antes 1996.

Por último, en varios, de carácter xeral informouse do seguinte:
  • Ata 6 procesos de integración de 6 chiringuitos que van comezar en breve. Tres ordes xa están informadas: Fundación desenvolvemento comarcal, Fundación Galiza Emigración Fundación Axencia Humanitaria de Galiza. Tres vano a ser en breve: EPOSH, Xestur e IET (persoal que viña de Sodeco). A próxima será a da Fundación Fomento Calidade que desembarcou na Axencia Galega de Innovación.
  • OPE 2015: no primeiro trimestre; agora sí, como marca a lei e non coma a do 2014. Din que vai ser menos restrictiva, normal tendo en conta que subiron a taxa de reposición para certos postos ata o 50%. Das OPEs anteriores aínda sen executar, falase da referente a da Lei 17 pero o director non concreta nada. Só se compromente coa de persoal veterinario que van convocar 48 prazas pendentes xunto coas 7 da recente OPE 2014 (se xurídicamente non puideran, as aumularían a OPE 2015).
  • Axentes Medioambientais: crease o novo grupo B no EBEP pero a integración deste persoal nese grupo queda diferida a aprobación de disposición regulamentaria.
  • De promo interna e concursos de traslados din "non ter novas". En concursos ata precisan que "non imos ter novas de aquí a final de ano".... como se quedara tanto!.
  • Pagamento da antigüidade ao persoal laboral temporal por servizos prestados noutras Administracións: farán o recoñecemento de oficio e tentarán incorporalo á nómina de xaneiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario