domingo, 28 de decembro de 2014

Un millón e medio de euros para o persoal funcionario

Sindicatos e Xunta asinaron hoxe en San Caetano acordo para cobrar a extra completa e outras suculentas melloras salariais.



Os sindicatos maioritarios na Administración autonómica asinaron hoxe un acordo co Conselleiro de Presidencia no que se regula o reparto dun fondo de máis de 1,5 millóns de € entre o persoal funcionario.  Este fondo adicional, consignado dentro da modernización dos servizos públicos, vai repercutir nun incremento anual de 134€ consolidable en exercicios posteriores.

No acordo regúlanse outros aspectos laborais do persoal funcionario como a promoción interna, as vacacións ou a creación dun comité de saúde laboral. Tanto a Administración como os sindicatos destacaron a unanimidade para a sinatura deste documento e o feito que deixa abertas as portas para posteriores negociacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario