luns, 19 de xaneiro de 2015

A Xunta agradece a Roberto Blanco Valdés os “servizos prestados”

Segundo podemos ver no DOG de hoxe, 19 de xaneiro, o presidente Feijóo agradece os servizos prestados no Consello Reitor da EGAP. Semella que o gran ideólogo da Voz de Galiza e entusiasta defensor dos postulados do Partido Popular (dende a súa “independencia ideolóxica”, ollo) xa cansou de vir un par de veces ao ano a Fontiñas para asinar o que lle poñan diante.

Non é o primeiro cholliño oficial que lle fai á Xunta, xa dende o ano 1993 leva participando en multitude de tribunais, porque o tipo este controla moito de constitución e tamén lle teñen saído outros chollos, como participar en nome da Consellaría de Educación en comisións galegas de non sabemos ben que, sen ir máis lonxe.

O que nos fai graza é, aínda que non sexa máis que unha simple formalidade que se adoita a pór no apartado de Autoridades e Persoal do DOG, que a Xunta agradeza formalmente os seus servizos prestados. Na realidade é que os seus servizos prestados á Xunta actual son moitos e moi diversos, o pasado 9 de novembro, sen ir máis lonxe, manifestouse pola legalidade democrática en contra do referéndum de Catalunya, xunto con persoaxes tan folclóricas como Paco Vázquez, Gloria Lago, etc. Pediron que se sacasen a pasear os tanques polas Ramblas de Barcelona porque, que quede claro, iso é moi legal que o ampara a Constitución Española.

Pero con respecto ao que máis nos afecta, a personaxe esta sempre foi un acérrimo defensor das políticas neoliberais que o PP aplica nas Administracións Públicas e na sociedade en xeral. Todo recorte está xustificado, hai que adelgazar as administracións públicas, sobran funcionarios, vivíamos por riba das nosas posibilidades, gastábamos máis do que tiñamos, etc..

Seguro que vos soan todo este tipo de memeces, non? Pois estas mensaxes non saen da nada, saen porque hai xente moi importante que nos di que isto é o que temos que pensar, porque o contrario é o caos, é ser un terrorista ou peor aínda. Os verdadeiros servizos de Roberto Blanco Valdés son estes, a través do gran medio de comunicación (subvencionado até máis non dicir) da Nosa Terra.

A nós parécenos moi ben que marche da EGAP pero, iso si, non lle temos nada que agradecer, mais o que si que nos gustaría é que, ademais de marchar de aí, deixase de darlle formato xustificativo aos recortes, á monarquía, á unidade de España e a todas as políticas neoliberais que tanto fan sufrir a esta Sociedade e que tanto dano nos están facendo a todos os servidores e servidoras dos Servizos Públicos.

Robertito, márchate, pero márchate de verdade e igual si que che temos algo que agradecer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario