luns, 23 de febreiro de 2015

INFORMACIÓN DO XUÍZO CONTRA AS CARTELEIRAS 2014 MACHACADORAS

 O Conflito Colectivo posto polo COMITÉ xa foi importante porque permitiu seguir difundindo O SISTEMA INHUMANO DE TRABALLO froito duns TURNOS MACHACADORES E DISCRIMINATORIOS.

     Moi destacábel que dentro da sala estiveramos membros do COMITÉ pertencentes á CIG, UGT e CSIF xunto con
traballadoras e traballadores das Residencias de Oleiros e Torrente Ballester, e do CAPD A Coruña.

     O que se dilucida neste Conflito Colectivo é SE HOUBO NEGOCIACIÓN OU NON.

     Na opinión dos compañeiros e compañeiras da CIG quedou máis que probado que NON HOUBO NEGOCIACIÓN  cando a xuntanza do 13 de decembro do 2013 durou 20 minutos ao dicir a Xefa Territorial que tiñan que manter as instruccións de traballar sete días seguidos, dous fins de semana de cada tres, tres noites consecutivas, e que O PRAZO DE NEGOCIACIÓN REMATABA ESE 13 DE DECEMBRO.

     Hai que destacar que a Xefa Territorial -Pilar Caridad- e o Director do CAPD A Coruña -Constantino Piñeiro- mentiron ao negar que a Xefa Territorial dixera de que o prazo remataba ese día.

     Moi destacábel tamén cando o avogado do Comité lle pregunta á Xefa Territorial se recibira un correo electrónico do Comité do 5 de decembro solicitando que se lle convoque para negociar as Carteleiras do 2014, e como a Xefa Territorial dicía que non se lembrara, pasoullelo o avogado e despois duns segundos de titubeo, dixo que "NO TENÍA CONSTANCIA".

     E moi significativo que o Presidente do Tribunal lle dixera á Xefa Territorial que se tiñan tanta premura para que as Carteleiras estiveran para o 1 de xaneiro, como era que se lle convoca ao Comité o 13 de decembro.

     Moi ben as testemuñas do Comité -Xosé Manuel Viqueira e Fina Martínez- destacando que hai anos negociabanse as Carteleiras nos Centros e que desde que a Xunta impuxo a Lei de Medidas, suspendeu o artigo 19 do Convenio, e non se apea dun SISTEMA INHUMANO que impide unha conciliación familiar, e una vida social, ao manter a machamartillo para quen traballamos a turnos, os sete días consecutivos, dous fins de semana sí -traballar-, un non, dous fins de semana sí, un non, e tamén as tres noites consecutivas.

      Moi destacábel tamén a cantidade de medios de información que había.

     Ben. Xa se verá a sentenza. 

   Agora, sexa a sentenza que sexa, este COMITÉ seguirá loitando CONTRA A XENTE INHUMANA QUE NOS GOBERNA e impón condicións inhumanas de traballo
-----------------------------------------------------------------------------------------
Van dous videos:


-----------------------------------------------------------------------------------------
 Van estes enlaces de medios de comunicación




Ningún comentario:

Publicar un comentario