venres, 27 de febreiro de 2015

Promoción interna, criterios xerais para a oferta de emprego público 2015 e outras informacións...

A Administración non concretou para que prazas pero dixeron que haberá promoción interna separada para 108 novas prazas. Para as escalas que non teñan PI separada reservarán o 25% das prazas, así mesmo informaron que a promoción interna non se vai acumular coa anterior e en marzo haberá novidades.

 Todo isto sobre a última Mesa Xeral.

Outra información de interese:
CONCURSOS
- O concurso de traslados de corpos xerais e o de veterinarios están en tramitación e na primeira quincena de marzo mandarán as bases e o prazo para presentar alegacións.
- O concurso de laborais está pendente do acordo das categorías profesionais.
- Do concurso do persoal da lei 17 dirán algo en marzo.
- Non hai previsión cercana para o concurso de Corpos Especiais.

OUTRAS INFORMACIÓNS
- A RPT de Amtega en dúas semanas irá á Mesa Xeral.
- A RPT do Agadic está pendente de determinar cuestións coa consellaría de Cultura.
- Estudiarán a promoción do C1 ao A1 que establece o EBEP.
- Na semana que vén tamén convocarán unha nova xuntanza polo da supresión de categorías do convenio do persoal laboral.

Xuntamos tamén o documento que facilitou a Administración sobre os criterios xerais para a oferta de emprego público de 2015. Descárgao aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario