martes, 3 de marzo de 2015

Eleccións Xunta de Persoal: censo definitivo e número de representantes

Dende o día 2 de marzo, está exposto nos taboleiros dos edificios administrativos dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza o censo definitivo, aprobado pola Mesa Coordinadora o pasado día 27 de febreiro, correspondente ás eleccións do persoal funcionario que se van a celebrar o vindeiro 16 de abril.

Por outra banda, determinouse o número de representantes a elixir que ficou, finalmente segundo o artigo 39.5 do EBEP, en 25, o que supón unha baixada de dous representantes debido á proporcional baixada de persoal funcionario que sufrimos nos Servizos Centrais nos últimos catro anos.

O censo definitivo desglosado por mesas queda do seguinte xeito:

MESA Nº1
(Presidencia + Vicepresidencia):
365
MESA Nº2
(C. Cultura, Educación e O.U.)
325
MESA Nº3
(C Facenda)
323
MESA Nº4
(C. MATI + Economía)
296
MESA Nº5
(C. Medio Rural)
210
MESA Nº6
(C. Traballo e Benestar)
214
MESA Nº7
(San Lázaro, agás Sanidade)
395
MESA Nº8
(San Lázaro - Sanidade)
312
MESA Nº9
(Fontiñas - Área Central)
266
MESA Nº10
(Itinerante Salgueiriños-Zona Centro)
237
TOTAL CENSO

2.943
 

Máis infonformación sobre o calendario das eleccións sindicais aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario