venres, 27 de marzo de 2015

Situación definitiva das mesas electorais eleccións sindicais persoal funcionario SSCC

Logo das xuntanzas que se desenvolveron entre a Administración, as organizacións sindicais promotoras destas eleccións e a Mesa Coordinadora, dende a CIG informamos que a celebración das eleccións será o 16 de abril de 2015, entre as 10:00 e as 16:00 h. e a distribución e ubicación das mesas onde se poderá votar é a que segue:


Nº MESA
ÁMBITO
UBICACIÓN
Nº 1 Presidencia
(San Caetano)
Presidencia, Vicepresidencia e AMTEGA
Salón de actos nº 1 (Grande)
Nº2 Cultura e Educación (San Caetano)
Toda a consellaría
Salón de actos nº 1 (Grande)
Nº 3 Facenda
(San Caetano)
Toda a consellaría e a ATRIGA
Sala de Xuntas da Consellaría de Facenda
Nº 4 Industria e Medio Ambiente
(San Caetano)
Todo o persoal que está no edificio dos Espellos das consellarías de Economía e Industria e tamén de Medio Ambiente; GAIN (2)
Salón de actos nº 2 (Pequeno)
Nº 5 Medio Rural e Mar(San Caetano)
Toda a consellaría, agás as direccións xerais que están completas en Salgueiriños
Sala de Xuntas de Consellaría de Facenda
Nª 6 Área de Benestar
(San Caetano)
Persoal da consellaría de Traballo que está na área de Benestar e localizado en San Caetano
Salón de actos nº 2 (Pequeno)
Nº 7 Edificio de Traballo
(San Lázaro)
Resto de traballadores que están en San Lázaro (IGE, Deportes, Traballo, Montes, Interior, Medio Ambiente..)
Sala de Xuntas planta baixa do edificio de Traballo
Nº8 Sanidade
(San Lázaro)
Persoal da Consellaría de Sanidade e SERGAS
Zona dos caixeiros da Consellaría de Sanidade
Nº9 Fontiñas
Persoal que traballa en Area Central, EGAP E Instituto Galego de Consumo
Salón de actos do IGVS
Mesa Itinerante
(Salgueiriños e Mazarelos)
FOGGA, Des. Pesqueiro. e APLU, ATURGA, ISSGA, GAIN (2), Relacións Laborais e resto de persoal que están no centro e zona vella
Salgueiriños dependencia do FOGGA edificio central de 10 a 12:45 h
Axencia de turismo (mazarelos) na planta baixa de 13:30 as 16:00 h. (1)
Para o persoal do Gaiás haberá unha liña de autobús con carencia cada hora dende a Cidade da Cultura e posterior volta dende San Caetano.


(1) Informar tamén que o persoal que vota na mesa itinerante pode facelo en calquera dos dous sitios onde vai estar a citada mesa.
(2)  O persoal que ocupa postos da RPT nova (persoal LD) vota na Mesa Itinerante; o persoal que ocupa postos da RPT vella vota na Mesa nº4.

Por último, temos que comentar que a CIG loitou para que a mesa nº 4 Mati e Economía estivera no edificio dos espellos, pero topámonos coa senrazón da Administración, que fixo todo o posible por que non fose así, en principio con desculpas tan peregrinas como: vai frío, non hai salas, no hai suficientes papeletas, e a derradeira foi que non teñen cabinas suficientes, so teñen oito, en fin… O que pasa é que o día 16 de abril é xoves e hai Consello da Xunta e pensamos que Rueda deu ordes a Función Publica de que non quere toparse con moitos funcionarios polos corredores e menos con algún sindicalista, por iso dende a CIG animámosvos a participar neste proceso democrático de elección de delegados/as da Xunta de Persoal, e quedamos a vosa disposición para aclarar calquera asunto sobre este ou outro tema.



Ningún comentario:

Publicar un comentario