luns, 30 de marzo de 2015

Solicitude dunha área reservada para comedor nas instalación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

Enésima petición do persoal da AMTEGA dun espazo reservado para o comedor do persoal, desta volta, con recollida de 45 sinaturas e enésimo silenzo da AMTEGA.

Este tema xa leva coleando 2 anos, cando a Xunta de Persoal se reunirá coa Xerencia para solventar varios problemas das instalacións da Cidade da Cultura que repercutían nas traballadoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza no Gaias (tamén no persoal de Cultura): imposibilidade de usar o aparcadoiro soterrado ou cirular sen molarse polo interior das instalacións (que si podía facer o persoal da Fundación Cidade da Cultura), problemas coa conexión dos buses e marquesina, falta de espazo de áreas de descanso ou non disponibilidade de taboleiros de información sindical.

Destes temas só o da comunicación dos buses foise solucionando pero o resto quedou no ar, mesmo algún tan básico para o aforro como é a dispoñibilidade dunha sala de descanso onde poder comer o que se trae da casa, demanda que aumentou desde a implantación da flexibilidade do horario laboral. Por suposto, sitio hai de abondo e o propio persoal índicalle á Xerencia unha proposta (onde realiza os pinchos oficiais a propia AMTEGA, por certo).

Que tarden 2 anos en dar saída a unha demanda tan lóxica e sinxela como ista, que ignoren á Xunta de Persoal, á CIG e a 45 traballadoras e traballadores que demandan este servizo, xa di moito da "modernidade" desta Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Desde a nosa sección sindical vimos de mandar un novo escrito á Directora da AMTEGA, Mar Pereira, pedindo que escoite ao seu persoal e ao seu órgano de representación e autorice o uso dunha das múltiples salas da Axencia como sala de descanso, habilitada para comedor.

Sala de lactación e descanso para embarazadas

Xa non resulta de extrañar que ignoren o da sala de descanso (en xeral) que o persoal demanda para ter un sitio para comer a comida que trae da casa, cando a propia AMTEGA, como o resto de centros dos Servizos Centrais da Xunta, levan anos ignorando o cumprimento da Lei de igualdade en canto a dispoñer de salas de lactación e descanso para mulleres embarazas, como se lle recordou desde a Xunta de Persaol

E logo vén Paula Prado e di que van mellorar a Lei de Emprego Público en materia de igualdade, recollendo a posta a disposción das traballadoras públicas desto que xa leva 10 anos recollido na lexislación pero sen facer real o seu cumprimento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario