mércores, 22 de abril de 2015

O persoal dos centros de Traballo e Benestar continúa coas mobilizacións a prol dunhas condicións laborais dignas

Tiveron lugar hoxe as Concentracións convocadas pola CIG en protesta porque a Consellería de Traballo e Benestar quere impoñer unha relación de postos de traballo totalmente insuficiente, ademais de moi alonxada do que supoñe o obxectivo que temos de recuperar o artigo 19 do Convenio que a Xunta tennolo suspendido.

       O artigo 19, suspendido dende o ano 2012, establecía:


       1) Descanso semanal de dous días ininterrompidos -agora día e medio-
​       2) Descanso adicional do 75% en tempo de​ descanso por traballar domingos e festivos.
​       3) Traballar un domingo inhabilita para traballar o seguinte
       4) Traballar un festivo inhabilitar para traballar o seguinte
       5) Non traballar máis da metade dos domingos en cómputo anual
       6) Non traballar máis da metade dos festivos en cómputo anual

Dende que a Consellería de Traballo e Benestar suprimiu uns 800 postos de traballo de "Acumulación de Tarefas" que non constaban na Relación de Postos de Traballo, e uns 800 postos de traballo que sí constaban na RPT, todo ese traballo está a ser feito polas traballadoras e traballadores que non fomos despedidos, impoñendo a Consellería uns Turnos Machacadores en base a traballar dous fins de semana sí, un​ non, dous fins de semana sí, un non......sete días consecutivos, tres noites consecutivas... traballo agotador e demoledor que só pode normalizarse con que a Xunta devolva o artigo 19 do Convenio.

As Concentracións de hoxe que foron un éxito total en todos os Centros de Galicia continuarán con diversas medidas para lograr algo moi necesario (fotos do: CAPD da Coruña -arriba-, abaixo e por orde: Residencia de maiores da Porta de Camiño-Compostela-, Residencia de maiores de Caranza -Ferrol-, residencia de maiores da Volta do Castro -Compostela-, Resdincia de maiores de Oleiros)





Ningún comentario:

Publicar un comentario