domingo, 24 de maio de 2015

EN GALAXIAS DISTINTAS: Comité Intercentros e persoal laboral

Acabo de ler o escrito do Comité Intercentros dirixido aos Sindicatos.

Seguemos a vivir en galaxias distintas.


Traballadoras e traballadores impulsamos un escrito moi crítico cos medios de comunicación que asinamos 363 persoas e entregámosllelos o mércores 13 de maio, antes de que tiveramos a Marcha do xoves 14 organizada polo Comité de Traballo e Benestar de A Coruña.

A Marcha foi un éxito e os medios de comunicación pasaron do boicot total a poñer algo.

Este xoves 21 houbo unha nova xornada de loita convocada polos catro Comités Provinciais de Traballo e Benestar cun éxito espectacular nas Caravanas de Coches de A Coruña, Vigo e Ourense, e a Marcha de Lugo.

Ou sexa que hai mobilizacións nas catro provincias e o Comité Intercentros non convoca nengunha mobilización en Santiago, e limítase a dirixirse aos Sindicatos para invitalos o martes 26 a unha Rolda de prensa. Descargar escrito do Comité Intercentros.

Vivimos en galaxias distintas e así non hai maneira.


Salvo que a galaxia que quer marcha se dirixa a galaxia estéril e fútil para que esta se mova.
 

Héctor Sánchez - Delegado da CIG do Comité de Traballo e Benestar da Coruña
 
------------------------------

------------------------------

------------------------------

------------------------------

------------------------------






Ningún comentario:

Publicar un comentario