martes, 16 de xuño de 2015

A CIG denuncia serios problemas no CAPD da Coruña por falla de persoal

NOTA DE PRENSA DA SECCIÓN SINDICAL DA CIG DE TRABALLO E BENESTAR A CORUÑA

O CAPD CORUÑA, como a maioría dos Centros da Consellería de Traballo e Benestar, ten un problema estrutural de base: Ten pouco persoal para todo o traballo que hai.

Este problema estrutural de base agrávase ca política da Consellería de cubrir menos da metade das baixas e menos da metade das vacacións.

Estas últimas dúas semanas a situación tornouse insostíbel no Colectivo das Camareiras chegando a estar de baixa 4 Camareiras, ademais da propia Gobernanta, o que provocou unha desorganización total.

E tamén estas últimas dúas semanas a situación tornouse insostíbel nos Colectivos de Coidadores e Educadores que afecta fundamentalmente á Residencia.

A Residencia do CAPD foi concebida para atender a 80 persoas residentes en base a un número determinado de 10 Unidades, ao cargo dun número determinado de Coidadores e Educadores. Pero a Residencia xa ten 86 persoas residentes. Xa non son 10 Unidades senón que son 11 Unidades e exactamente co mesmo persoal.

Xa é crónica a demanda de que se cubran a dous Coidadores de fin de semana que levan varios meses de baixa, e xa é crónica a situación de sobreesforzo, a situación de baixas a causa do sobreesforzo, e a situación de estar traballando nuns Turnos Machacadores que non permiten o descanso e nengún tipo de conciliación da vida social e familiar.

Esta é a política dunha Consellería que se chama de Traballo e Benestar, que ten esgotados aos seus traballadores, e que, no caso do CAPD Coruña urxe unha solución.

Ningún comentario:

Publicar un comentario